Comeza a novena edición do campus de baloncesto Álex Llorca en Lugo

LugoXa
Participan 50 rapaces e rapazas procedentes de moitos lugares de Galicia e doutros puntos de España
Campus-Alex-Llorca
8 Jul 2024

A novena edición do campus de baloncesto Álex Llorca comeza en Lugo coa participación de 150 rapaces e rapazas procedentes de moitos lugares de Galicia e doutros puntos de España como Madrid e Barcelona. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, acudiu ao acto de benvida que se celebrou no Pazo dos Deportes coa presenza do propio xogador Álex Llorca e de Rubén Engroba, en representación da organización, entre outras persoas .

Arias explicou que a Administración autonómica colabora facilitando aloxamento e transporte aos nenos e nenas de 8 a 16 anos (nacidos entre 2007 e 2015) que participan no campus. Ata o vindeiro domingo, 14 de xullo, os inscritos desfrutarán dos adestramentos de baloncesto e doutras actividades deportivas e de ocio xunto cos seus compañeiros e preparadores.

0.1709771156311