Comeza a renovación da rede de alumeado público na rolda das Fontiñas

LugoXa
Da comezo a renovación da rede de alumeado público municipal na rolda das fontiñas por un máis eficiente e menos contaminante
fontiñas ruben arroxo
12 Mar 2023

Comeza unha nova actuación de actualización na rede de alumeado público municipal na rolda das Fontiñas. “Desde a Concellería de Infraestruturas continuamos a avanzar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”, explicou Rubén Arroxo.

En total, renovaranse 69 luminarias que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. “Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos”, explicou Rubén Arroxo.

O consumo enerxético anual do Concello de Lugo verase reducido en 55.483 kWh, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. O Tenente Alcalde lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.

0.056990146636963