Comeza a renovación do treito final da rúa da Industria no Polígono do Ceao

LugoXa
Empiezan las obras de renovación del tramo final en la calle de la Industria del Polígono del Ceao en Lugo.
rua industria ceao lugo
7 Mar 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de infraestruturas, Alexandre Penas, persoal técnico municipal e da empresa responsábel visitaron esta mañá a rúa da Industria, no polígono do Ceao, onde a área de infraestruturas do goberno de Lugo está a levar adiante a renovación do treito final.

Rubén Arroxo explicou que “esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo”. Ademais afirmou que “con esta intervención melloraremos a accesibilidade da zona e os servizos existentes, ademais de integrar este treito da rúa coa imaxe da contorna ”

“Con esta actuación melloraremos tanto a estrada, que se atopa nun avanzado estado de desgaste debido á densidade de tráfico que soporta, creando novas prazas de estacionamento e zonas que permitan mellorar a maniobrabilidade dos camións”, explicou o tenente alcalde, que engadiu “renovarase tamén a beirarrúa e as canalizacións actuais, eliminando o fibrocemento”.

Os traballos planificados polo Goberno de Lugo realizaranse tamén na rede de alcantarillado, coa colocación de novos sumidoiros, e renovarase ao mesmo tempo a sinalización horizontal e vertical.

0.19689893722534