Comeza a retira os restos vexetais ancorados nas pilastras da Ponte Vella

LugoXa
Comeza a retira os restos vexetais ancorados nas pilastras da Ponte Vella do Río Miño como paso previo á súa restauración
RETIRADA DE ARBORES NO RIO MINO PONTE ROMANA
20 Xul 2023

A área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural do Concello de Lugo, que dirixe Miguel Fernández, organizou esta mañá un operativo para proceder á retirada dos restos vexetais que permanecían ancorados nas pilastras da Ponte Vella.

O dispositivo, no que participaron efectivos do Parque Móbil municipal e do Servizo de Protección Civil e da Policía Local, precisou da intervención dun camión - guindastre, para cargar as pólas das árbores que permanecían encaixadas na estrutura da construción, logo dun inverno no que o caudal do Miño se viu incrementado considerablemente debido ás choivas tan intensas que se rexistraron no mes de xaneiro e que implicou a caída e arrastre de numerosos exemplares ao longo da beira fluvial.

O concelleiro explicou que “se actuou en dúas frontes xa que, mentres os axentes de Policía Local e voluntarios de Protección Civil controlaron os accesos á zona, un mergullador deste servizo baixou até o río para desencaixar os tres troncos de grandes dimensións que ficaban retidos nos piares da ponte, enganchándoos á grúa para que puidera levantalos. Xa sobre a vía, os operarios talláronos para cargalos e sacalos da zona”, relatou Fernández ao tempo que sinalou que o resto da ramallada atopada foi retirada a man polo leito do río.

Os traballos, que comezaron a media mañá e se estenderon durante unha hora, tiñan por obxecto liberar de obstáculos as columnas da construción romana como paso previo á súa posterior restauración.

0.1732439994812