Comeza a 'Semana UNED Lugo contra a violencia de xénero: unha mirada desde a xustiza'

LugoXa
Rivera Capón explicou que “a Deputación está comprometida en facer que a igualdade sexa unha realidade concreta e efectiva"
UNED-Lugo-contra-a-violencia-de-xénero-2024-25N
19 Nov 2024

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na apertura da actividade 'Non estades soas. Semana UNED Lugo contra a violencia de xénero: unha mirada desde a xustiza', que se celebrará ata o 21 de novembro.

Nesta iniciativa, organizada pola UNED Lugo, analizaranse os aspectos máis relevantes da violencia de xénero desde a perspectiva xurídica, especialmente desde o ámbito penal e procesal.

Rivera Capón explicou que “a Deputación está comprometida en facer que a igualdade sexa unha realidade concreta e efectiva. Por iso, traballamos en políticas públicas que promovan a inserción laboral e a autonomía económica das mulleres, conscientes de que a independencia financeira é un dos piares fundamentais para romper coas dinámicas de desigualdade e violencia de xénero. Sabemos que sen esa autonomía, as mulleres seguen sendo máis vulnerables ás situacións de abuso e discriminación”.

Ademais, incidiu en que a educación é a clave para transformar mentalidade e derrubar os estereotipos de xénero que perpetúan a desigualdade.

Ao acto de inauguración tamén asistiu a concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo Martínez, e a directora da UNED Lugo, Ana Traseira, entre outras autoridades.

0.20263195037842