Comeza a tempada 22/23
Por Adrián Fernández.
O 11 de agosto botou a andar unha tempada máis para o Breogán na Liga ACB, cun plantel moi renovado con dez incorporacións (once incluindo a de Marc García) e só tres xogadores do ano pasado, tratarán de manter o nivel que amosaron o na campaña 21/22.
Veljko Mrsic e o seu corpo técnico, ao que se uniu o lucense e exadestrador do Ensino Fernán Varela, terán a difícil tarefa de conxuntar un equipo ao que neste mes de agosto chegaban cinco fichaxes máis, o escolta Scott Bamforth, os pivotes Víctor Arteaga, Luka Brajkovic e o internacional congoleño Jonathan Kasibabu e o aleiro Marc García que ven para facela pretempada pero semella que a súa continuidade pode estar vencellada á consecución da praza na BCL.
Estos cinco xogadores e máis as xa coñecidas altas de Justus Hollatz, Sergi García, Stefan Momirov, Nemanja Nenadic, Toni Nakic, e Ethan Happ xuntanse aos irmáns Erik e Sergi Quintela e a Marko Lukovic co obxectivo de poder xogar en europa e conseguila permanencia sen moitos apuros. Un equipo cun plantexamento moi distinto ao dos ano pasado no que non hai xogadores dos talento individual de Musa, Bell-Haynes ou Kalinoski pero si un plantel máis longo no que todos poden aportar en ataque en especial dende a liña de tres puntos, o que favorecerá a circulación do balón e a repartición de minutos algo que virá moi ben se xogamos así dúas competicións.
Con todo isto, o 28 de agosto xogábase o primeiro encontro da preparación en Foz ante o Oporto portugués, nel non só presentábase o equipo se non que tamén aproveitouse para ensinar as novas camisetas coas que se xogará esta tempada. Debut ilusionante cunha vitoria por 84-63 no que se puido ver o que xa agardabamos, intensidade atrás, ameaza constante dende a liña de tres puntos e moitas alternativas en ataque. Ao longo do mes de setembro poderemos ver ao Breogán noutros compromisos para ir collendo a forma, o 10 xogará no Pazo fronte ao Surne Bilbao Basket, do 15 ao 17 en Ourense disputará a Copa Galicia e a partir do 21 a fase previa da champions en Belgrado, a falta de que se concrete algún amigable máis.
Todo listo para afrontar unha tempada que xa sabemos que comezará o 29 de setembro en Murcia e que o día 2 de outubro será o primeiro encontro en Lugo fronte ao Fuenlabrada; outras datas que hai que ter en conta son os derbis co Obradoiro (8 de xaneiro no Pazo e 26 de marzo no Sar) e os partidos na casa fronto ao Barcelona (11 de decembro) e ao Real Madrid (8 de abril).
Non queda nada para volver a respirar a baloncesto polas rúas de Lugo, pasaron moitos días dende o derradeiro encontro o que fai que a xente teña moitas ganas de que isto comece xa como se puido notar o día que cerca de 300 afeccionados achegáronse ao Pazo para ver un dos primeiros adestramentos do equipo. Hai ilusión por facer outro ano tan bon.