Aberto o prazo para participar no concurso da UNED O libro da túa vida

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Co gallo do Día Internacional do Libro e do 50 aniversario da UNED, aUNED de Lugo organiza o concurso fotográfico "O libro da túa vida".
curso basico iniciacion fotografia dixital 1
20 Abr 2022

Co gallo do Día Internacional do Libro e do 50 aniversario da UNED, a UNED de Lugo organiza o concurso fotográfico O libro da túa vida. Aquelas persoas que participen farano publicando en redes sociais unha fotografía inspirada naquel libro que lles marcou, naquel libro que inspirou ou marcou dalgunha forma as súas vidas.

Cada participante poderá presentar unha fotografía mediante a publicación no seu perfil de Instagram, etiquetando a @unedlugo e co hashtag #diadellibroUNED50.

O prazo para subir as fotos xa está aberto e finaliza o 23 de abril, coincidindo coa data da efeméride. O luns 25 de abril coñecerase o nome do ganador.

0.20041704177856