Comeza na Muralla de Lugo unha carreira solidaria de 50 horas a favor da discapacidade intelectual

LugoXa
O atleta Óscar Domínguez Rodríguez participa na proba, organizada polo centro San Vicente de Paúl e a Asociación de familiares e Amigos de persoas con discapacidade intelectual
carreira_llenando-de-vida-cada-paso,
Presentación da carreira
24 Maio 2024

Lugo acolleu a carreira solidaria Llenando de vida cada paso, organizada polo centro San Vicente de Paúl e a Asociación de familiares e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, Afadi. O atleta Óscar Domínguez Rodríguez arrancou ás 9 da mañá o percorrido de cincuenta horas que ten lugar polo adarve da Muralla.

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, tamén acudiu á proba e destacou a importancia de contribuír a esta iniciativa solidaria para dar visibilidade á asociación Afadi, ao traballo que realizan desde o Centro San Vicente de Paúl, e para chamar a atención sobre a necesidade de adquirir un firme compromiso coa inclusión. O obxectivo pasa por recadar 12.500 euros para material específico para favorecer a estimulación; mobiliario especializado; equipamento e desenvolvemento de programas de ocio.

A actividade está aberta á participación da veciñanza, que poderá participar camiñando ou correndo pola muralla no momento que o desexe. Rubén Arroxo destacou que esta iniciativa permite que AFADI "achegue á veciñanza as súas actividades e achegue coñecemento sobre a discapacidade intelectual e pola inclusión das persoas que sofren este tipo de doenzas"

0.17182588577271