Comeza no CEIP Albeiros o programa Ningún Aro sen rede
Un grupo de 75 alumnos do CEIP Albeiros recibiu a visita do proxecto Ningún Aro Sen Rede no que colaboran a Fundación Breogán, Ecoballution e a UNED de Lugo.
Esta é a primeira actividade das 10 que se levarán a cabo durante o curso 23-24, que levará a reciclaxe e o deporte ás aulas da provincia de Lugo.
A visita iniciouse coa instalación de cinco redes Econet, feitas a man por redeiras de Corme a partir de residuos de redes de pesca, nas canastras do CEIP Albeiros e cunha charla impartida por Salva Arco e Ana Traseira sobre deporte, reciclaxe, economía circular e a Axenda 2.030.
A continuación, Erik Quintela foi o encargado de comprobar o bo funcionamento das redes e, finalmente, mestres e alumnado tamén probaron puntería con lanzamento a canastra.
Houbo premios para os mellores tiradores aportados pola Fundación Breogán e pola UNED.
A cambio desta actividade o alumnado do CEIP Albeiros comprometeuse a reciclar o material de escritura no contedor do proxecto se lles deixou para tal fin. Este curso, como novidade, haberá premios para os centros educativos que máis reciclen, que serán os seguintes:
Primeira posición:
• Setenta e cinco (75) invitacións para asistir a un partido do primeiro equipo do C.B. Breogán, S.A.D. que dispute como local, no Pazo Provincial dous Deportes de Lugo, durante a tempada deportiva 2024/2025.
• Cen euros (100€) en libros de temática ambiental pertencentes á UNED.
Segunda posición:
• Cincuenta (50) invitacións para asistir a un partido do primeiro equipo do C.B. Breogán, S.A.D. que dispute como local, no Pazo Provincial dous Deportes de Lugo, durante a tempada deportiva 2024/2025.
• Lote de produtos de Ecoballution (1 rede de fútbol sala, 5 redes individuais para balóns e 3 redes para balóns).
Terceira posición:
• Vinte e cinco (25) invitacións para asistir a un partido do primeiro equipo do C.B. Breogán, S.A.D. que dispute como local, no Pazo Provincial dous Deportes de Lugo, durante a tempada deportiva 2024/2025.
• Cincuenta euros (50€) en libros de temática ambiental pertencentes á UNED.
A actividade concluíu coa foto de familia de todas as participantes.