Comeza o ciclo de conferencias do 50 aniversario da EASD Ramón Falcón
Esta tarde da comezo o ciclo de conferencias programado dentro da celebración do 50 aniversario da EASD Ramón Falcón.
A primeira celebrarase hoxe mércores 19 ás 17.30 no Vello Cárcere da man de Antonio Pereira Saqués que é director artístico de producións cinematográficas, de televisión e de publicidade.
Antonio Pereira ten feito a dirección de arte de largometraxes como El año de la garrapata (2001) ou La Manzana de Oro (2022) e de series de tv como Fariña (2017), O Sabor das Margaridas (2ª tempada, 2020), Operación Marea Negra (2021) e Los Enviados (2ª tempada, 2022).
Foi premiado en varias ocasións polo seu traballo cun Premio Mestre Mateo á Mellor Dirección de Arte por “Lobos Sucios” (2016), “La Isla de las Mentiras” (2021) e “O Corpo Aberto” (2023).
O próximos xoves 20 de abril será a quenda da conferencia de Xosé García Augusto ás 17.30 no Vello Cárcere, fundador do estudo Piedrapapeltijera e actual presidente da Asociación Galega de Deseño.
Nunha primeira etapa desenvolveu proxectos de deseño nas especialidades de gráfico e comunicación, dixital e deseño de espazos. A partir de 2013 os proxectos do estudio céntranse, principalmente, nas disciplinas de deseño gráfico e comunicación visual, e en deseño dixital.
Para finalizar este ciclo o xoves 27 de abril O Vello Cárcere acollerá a mesa redonda Os estudos de deseño a través da experiencia.
Os intervenientes son antigos alumnos da EASD Ramón Falcón e falarán sobre a aportación das Escolas de Arte como centros de innovación e deseño, a integración do taller artístico e o mundo académico e o que significa estudar deseño e aplicalo posteriormente ao mundo laboral, contándonos as súas experiencias.
Nesta mesa redonda participarán Marcos Martínez Parga e Juan Villar como deseñadores de interiores, Bruno Máez como fotógrafo, Lorena Grandío como fotógrafa e deseñadora gráfica, Natalia Conde como ceramista, Anxo Vizcaíno como deseñador gráfico e Borja Mirón como fotógrafo e deseñador gráfico.