Comeza o club de lectura 'Ler-ia' en Navia de Suarna

A iniciativa está organizada pola Asociación Veciñal a Irmandade Naviega e a Asociación Xuventude do Navia
Club-de-Lectura-Leria-Navia
30 Jan 2025

Este venres, 31 de xaneiro de 2025, arranca en o novo club de lectura 'Ler-ia', unha iniciativa organizada pola Asociación Veciñal, a Irmandade Naviega e a Asociación Xuventude do Navia.

A cita terá lugar no Bar Xegunde da Proba, un dos lugares emblemáticos da vila de Navia de Suarna a partir das ás 19.30 horas.

O obxectivo deste club de lectura é ofrecer un espazo onde as persoas que gocen da lectura poidan reunirse, compartir ideas e vivir unha experiencia diferente ao tradicional, todo isto mentres desfrutan dunha boa conversa e un café. O club está aberto a todas as persoas interesadas en leer e discutir lecturas, sen importar a súa idade ou orixe.

Ademais, busca promover lecturas variadas, arriscando por novas propostas e temas que permitan reflexionar e aprender. Cada mes, os membros do clube terán a oportunidade de elixir xuntos os libros que queren ler, buscando comprender mellor tanto a súa propia realidade como a de persoas e culturas afastadas.

A actividade terá lugar unha vez ao mes, e os libros serán adquiridos preferentemente en pequenas librarías locais para apoiar o comercio da zona. Tamén se fomentará o préstamo de exemplares entre os participantes, e en colaboración coa Furgoteca, contarán co servizo de exemplares para clubs de lectura.

0.17248201370239