Comeza o concurso 'Movémonos por Lugo' co obxectivo de fomentar o uso da bicicleta na cidade

LugoXa
O concurso Movémonos por Lugo é un sorteo concurso gratuito, que terá lugar entre o 14 e o 23 de abril para fomentar o uso da bici
sendaverderce concurso portada
13 Abr 2023

O concurso Movémonos por Lugo é un sorteo concurso gratuito, que terá lugar entre o 14 e o 23 de abril e que se levará a cabo co obxectivo de fomentar o uso da bicicleta na cidade.

Dende o Concello convidan á poboación a participar no concurso e promover a mobilidade sostible entre a cidadanía así como impulsar o uso da bicicleta na cidade como medio de transporte habitual e, nesta liña, ofrecer a oportunidade de acadar vale económico para intercambiar por material de ciclismo.

A mecánica de participación é moi sinxela, entre o 14 e o 23 de abril, instalaranse na Senda Verde Ciclista 12 adhesivos. Para participar no sorteo deberase atopar tres e subir unha foto coa bicicleta con cada un destes puntos. Para conseguir unha participación deberase escanear o código QR que atoparas nestas ubicacións e cubrir a folla de inscrición na que deberán subir as 3 fotografías. Poderase conseguir ata un máximo de 4 participacións.

Imprimiranse as participacións recibidas no correo e o mércores, 26 de abril das 16.00h ás 20.00h haberá unha mesa na praza da Ronda do Carme para introducir as participacións na urna do sorteo. O sorteo realizarase nesta mesma praza ás 20.30 h.

Haberá dúas categorías: a de adultos que participaría no sorteo dun vale por un importe de 2000 euros, e a infantil que optará a un vale por importe de 500 euros que poderán intercambiar por material de ciclismo (bicicleta, roupa deportiva...) nalgún dos pequenos comercios da cidade incluídos no listado de tendas de bicicletas elaborado desde a Mesa Observatorio no marco do Centro de Promoción da Bicicleta.

As bases poderán consultarse en calquera momento na páxina web www.concellodelugo.gal e en www.xuventudelugo.gal.

Actualmente tamén está en marcha un curso de mantemento e reparación de bicicletas convencionais, eléctricas e outros vehículos de mobilidade urbana, dentro da programación do Lugo +Xti 2023, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas dirixido a lucenses de 16 a 39 anos, empadroados en Lugo.

A formación, totalmente gratuíta, conta con 12 prazas. Estase a impartir todos os venres de 16.30 a 20.30h, desde o pasado 17 de marzo e finalizará o 27 de maio, e os sábados 15 de abril e 13 e 27 de maio, de 10.00 a 14.00h, na Casa da Xuventude.

sendaverdeve concurso
0.19699478149414