Comeza o Curso de Primavera da USC sobre as dimensións das hortas

LugoXa
As dimensións social, cultural, saudable e sostible das hortas, a debate en Humanidades no XVI Curso de Primavera da USC
curso primavera usc
25 Abr 2023

As hortas, desde a óptica sostible, cultural e saudable, centra a temática do Curso de Primavera da USC que botou a a andar este luns na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, o escenario no que un amplo abano de relatores farán as súas respectivas achegas ata o mércores no marco deste programa de divulgación científica promovido ao abeirod o convenio Lugo Cultural, unha iniciativa xestionada pola USC e que tamén recibe financiamento do Concello de Lugo e da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

O chef do galardoado restaurante Culler de Pau, Javier Olleros, que é a cabeza visible deste establecemento pontevedrés distinguido con dúas Estrelas Michelín, 3 Soles Repsol e un Sol Sostible Repsol, abriu a quenda de relatorios coa sesión Sostibilidade-actitude, acción e xustiza social, logo dunha breve sesión inaugural presidida polo vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e na que tamén participaron a vicepresidenta da Deputación de Lugo delegada da área de Cultura, Tareixa Antía Ferreiro; o vicedecano da Facultade de Humanidades, Miguel González Pereira, e a profesora Ana Cabana, que coordina esta proposta xunto coa súa colega docente e investigadora no Campus Terra Elena Freire.

Os agradecementos ás persoas e entidades, especialmente ás integradas no convenio Lugo Cultural, centraron as verbas das organizadoras do XVI Curso de Primavera da USC, unha proposta xurdida a raíz dos grupos colaborativos impulsados desde o Campus Terra que dá cabida a docentes, investigadores e alumnos dos distintos centros da universidade luguesa, así como a outros colectivos, entre os que cómpre citar o IES Sanxillo ou a Fundación Secretariado Xitado, segundo lembrou Ana Cabana ante o preto do centenar de asistentes presentes no salón de actos da Facultade de Humanidades.

O concepto multifuncional da horta, como exemplo de cultura tradicional, saudable e sostible ou mesmo como elemento de socialización que, dalgún xeito, tamén axuda a combater o despoboamento do medio rural, foron outras das cuestiones salientadas na sesión inaugural dun foro transversal que recupera a súa presenza na programación do Campus de Lugo logo de tres anos sen celebrarse.

O chef de Culler de Pau abriu de seguido a quenda de relatorios cunha férrea defensa da educación como brúxula que guía o noso futuro. “Necesitamos un sistema educativo e pontente para que nos axude a atopar o noso camiño”, dixo Javier Olleros, para logo engadir que “o medio rural ten os seus códigos e valores e non podemos chegar os ‘modernitos’ coas nosas modas desde fóra”

“A alimentación é unha ferramenta de cambio no mundo potentista”, sinalou, para logo engadir que “Culler de Pau é tamén un elemento potente nunha terra na que ás veces escapamos do que somos”. “Falamos galego, pero somos modernitos”, exclamou. O chef de Culler de Pau, un establecemento de hostalería que botou a andar con catro personas e agora ocupa a 30 traballadores de nove nacionalidades diferentes, fixo tamén un chamamento a construír desde a igualdade de oportunidades.

“Todos formamos parte dun pequeno ecosistema. As hortiñas, os paisanos e paisanas que nos contan... Esto é a nosa forza e por eso temos que construír desde a igualdade de oportunidades e prestar atención a aqueles que naceron nun lugar con máis dificultades ou non tiveron sorte, porque aquí temos que estar todos”, concluíu.

Programa

A sesión Pensar as hortas urbanas e as rurais: paisaxe e sostibilidade sociocultural, na que participaron Araceli González Vázquez, científica titular da Institución Milà i Fontanals-CSIC, que ofreceu o relatorio Hortas rurais e perirurbanas en Euskal Herria e Cantabria: Unha ollada etnográfica e antropolóxica sobre as ecosofías locais, e Pedro Tomé, investigador científico do Instituto de Lengua, Literatura e Antropología do CSIC, quen ofreceu a charla Segue sendo sostible a sostibilidade?, completaron o programa matinal da primeira xornada do XVI Curso de Primavera da USC.

Xa pola tarde as profesoras da USC Miriam Elena Cortés e María Xesús Nogueira centraron a sesión Cos pés na horta, cos relatorios Hortas e naturezas mortas. Visións dende a historia da arte e  Escribir (n)a terra. As actividades agrarias na poesía galega. Ana Cabana, que tamén é investigadora do proxecto Nomoholu da USC, deu continuidade ao programa cos exposición Vellos e novos modelos de hortas urbas en Lugo, trala que a enxeñeira técnica forestal Helga Peral guiou unha visita por varias hortas urbanas da capital amurallada. O coloquio Encontro de Lúa Minguante, cuxa temática versou sobre a nova lei de benestar animal, complementou o programa da primeira xornada do Curso de Primavera, que chegaría ao seu colofón cun café concerto a cargo de El chico López, na cafetería da Facultade de Veterinaria.

Martes

A actividade do Curso de Primavera da USC trasládase hoxe martes ao IES Sanxillao, onde, se desenvolverá, a partir das 10.30 horas, a sesión Da horta á mesa, na que participará a  Asociación de Cociñeiros de Lugo e haberá un Showcooking e masterclass a cargo de Pablo Vila, xefe de cociña do restaurante do Hotel Oca Puerta del Camino e Diego López, chef restaurante Bulló.

Hortas e paisaxes agrarias ocupará a temática do curso na sesión programada xa na Facultade de Humanidades a partir das 16.30 horas, cando están previstos os relatorios De Georgiká a la obra odoariana y a Ledo, o cura das abellas, a cargo de María Concepción Fernández, e A reconstrución da paisaxe agraria da Galicia medieval, a da man do profesor da USC Carlos Baliñas. Unha charla de Antonio Doval sobre despoboamento e abandono de terras e aldeas en Galicia, e outra de Encarna Lago, da Rede Museística de Lugo, baixo o título Experiencias de sustentabilidade social, cultural e medioambiental en rede, pecharán a xornada.

A profesora do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC Beatriz Fernández Herrero abrirá o mércores, a partir das 10.00 horas, a sesión De hortas, xénero, solos e consumos coa charla Ecofeminismo como proxecto ético e político, á que seguirá outra intervención do profesor de Edafoloxía e Química Agrícola da USC Remigio Paradelo baixo o título O solo nas hortas urbanas.

A profesoras da USC Mar de Santiago, da área de Socioloxía, e Elena Freira, do Departamento de Filosofía e Antropoloxía, pecharán o venres a quenda de intervencións cos relatorios Permacultura: proxeccións, realidades e metáforas e Nada como o da casa. Entender o consumo de alimentos de horta en Lugo. Xa como actividade complementaria o concerto de Grande Amora, incluído na programación do ciclo Lubicán, e programado a partir das 21.00 horas na Praza de Santa María (auditorio de Veterinaira en caso de choiva) servirá de colofón deste programa cultural.

0.10283303260803