Comeza o mes das carrilanas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
As localidades de Ribeira de Piquín, Abadín, A Pontenova e Meira acollen en xullo as baixadas que pecha Alfoz en setembro
1 pontenova carrilana1
3 Xul 2022

As localidades de Ribeira de Piquín, Abadín, A Pontenova e Meira acollen en xullo as baixadas que pecha Alfoz en setembro.

As  carrilanas son o deporte de inercia máis antigo que existe. Basicamente trátase de descender portos de montaña en vehículos de 3 ou 4 rodas equipados con dirección e freos e, por suposto, sen ningunha propulsión. Córrense desde hai moitos anos nas festas patronais pero nos últimos anos teñen evolucionado combinando a competición, o bo ambiente para ser converter nunha sinal de identidade cultural da zona.

Nos últimos anos convertéronse nun verdadeiro xerme de pilotos para as disciplinas do bobsleigh, skeleton e luge sobre xeo pola gran cantidade de puntos que teñen en común.

Este deporte está baixo a normativa da Federación de Deportes de Inercia ou FDI, que é unha organización sen ánimo de lucro, de ámbito nacional, que engloba, normaliza e regula a práctica deste deporte de descenso.

A provincia de Lugo empeza a ser un centro importante da prática  deste deporte, axudado sen dúbida pola súa orografía e empuxado tamén polo elevado público que acude a estas citas, que se están a contaxiar entre concellos veciños.

Agora mesmo, na provincia de Lugo dispútase ao ano sete probas deportivas e quitando a de San Clodio, en Ribas do Sil, o resto teñen lugar en concellos próximos a Abadín, que foi o xerme da iniciativa.

Das sete, cinco teñen lugar no mesmo mes, xullo e son precisamente todas en concello veciños.

O circuíto comezou en Ribas do Sil o pasado 25 de xuño, na que foi a primeira das edicións da baixada e continúa este mes todas as fins de semanas seguidas comezando por Ribeira de Piquín (o 9), Abadín, A Pontenova, Riotorto e Meira. Finalmente, en setembro é a vez de Alfoz, que pecha o calendario.

A tradición apórtaa Abadín e A Pontenova, esta última cita imprescindible non calendario dos deportes da inicia xa que as súas puntacións son válidas para o campionato e a Copa de España.

RIBEIRA DE PIQUÍN

A Asociación Carrilanas Os Meiregos organiza a segunda baixada de carrilanas no concello de Ribeira de Piquín. A Asociación de Carrilanas os Meiregos é un club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudas aos negocios.

ABADÍN

Abadín acollerá un ano máis o descenso de Carrilanas, unha actividade que se celebra de forma ininterrompida na localidade desde hai dezasete anos. Nesta ocasión, a competición terá lugar o domingo 17 de xullo e o percorrido constará de 3.600 metros desde A Corda ata o centro de Abadín, concretamente ao lado do centro de saúde.

Esta celebración xurdiu como complemento das festas patronais que teñen lugar en setembro pero pouco a pouco foron agrandando a súa competencia e na cuarta edición cambiaron xa a data para xullo tendo a súa propia idadentidade no programa de actividades municipal.

A PONTENOVA

O vindeiro sábado 23 e domingo 24 de xullo as carrilanas volverán á Pontenova, da man do Campionato de España dentro da Federación de Deportes de Inercia.

Esta proba deportiva comezará o sábado coas verificacións dos vehículos participantes na proba e os adestramentos. Xa o domingo 24 de xullo será o día da carreira e acto seguido a entrega de premios seguida dunha sesión vermú.

Para participar será necesario inscribirse antes do 20 de xullo. E para calquer dúbida haberá que enviar un email a motoreopontenova@gmail.com.

É a competición máis importante do ciclo lugués, xa que ademais da Copa Galicia, é  puntuable para as dúas competicións nacionais.

RIOTORTO E MEIRA

Os concellos veciños de Riotorto e Meira comparten moitas actividades e non podía ser menos neste caso. Na mesma fin de semana en días consecutivos terá lugar unha baixada de carrilanas en Riotorto o sabado e o domingo en Meira.

Ambas as dúas están organizadas pola a Asociación de Carrilanas os Meiregos, a mesma que fai a de Ribeira de Piquín. Para a vila do Miño será tamén a segunda edición mentres que a de Riotorto terá lugar por primeiravez este ano.

ALFOZ

Pecha o calendario a localidade de Alfoz, que volverá ter carrilanas o 17 de setembro de 2022.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, un club formado por veciños e amigos de Alfoz e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudas aos negocios. Sen dúbida, será o colofón do verán.

0.20178198814392