Comeza o proceso para desbloquear o PXOM de Portomarín

LugoXa
O Plan xeral de ordenación municipal de Portomarín xa foi sometido a información pública e están pendente de recibir informes sectoriais.
juan serrano encarna diaz portomarin
20 Xul 2021

Convocarase proximamente unha reunión para abordar a situación actual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Portomarín, co fin de desbloquealo e avanzar na súa redacción.

No encontro entre o propio alcalde de Portomarín, Juan Serrano, e a directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, analizaron os traballos de redacción do PXOM que, tras someterse ao período de información pública e solicitude dos informes sectoriais preceptivos, ten pendente de acadar os documentos nos que se recolla información relativa ás captacións e redes de subministro e, sobre todo, á xustificación de suficiencia do sistema de saneamento de augas residuais, que esixe do reforzo da depuradora existente.

O Concello de Portomarín dispón dunhas Normas subsidiarias de planeamento que datan do ano 1983 e que, polo tanto, non recollen a meirande parte dos núcleos rurais existentes. Para a redacción do PXOM, a Xunta concedeulle unha subvención de preto de 120.000 euros.

0.17566204071045