Comeza un ciclo de cine sobre Arxentina no Vello Cárcere
O Vello Cárcere acolle estes días un ciclo de cine sobre Arxentina e os seus 40 anos de democracia. A película deste mércores en O Vello Cárcere é Argentina, 1985.
Inspirada na historia real do fiscal Julio Strassera, Luís Moreno Ocampo e o seu novo equipo xurídico que se atreveron a acusar, contra vento e marea, a contrarreloxo e baixo constante ameaza, aos altos mandos da sanguenta ditadura militar arxentina (1976-1983) no chamado Xuízo ás Xuntas de mediados dos anos 80. Unha batalla de David contra Goliat, cos heroes menos esperados.
A película conta con numerosos premios e distincións no 2022. Foi nominada a mellor película internacional nos Oscar; nos Globos de Ouro, mellor película de fala non inglesa; nos Bafta foi nominada á mellor película de fala non inglesa. No Festival de Venecia obtivo o Premio Fipresci e no de San Sebastián o Premio do Público ao mellor film. Tamén nos Goya foi a mellor película iberoamericana.
O venres 15 proxectarse Capitán Kóblic e o 29, tamén vernes poderá verse La Historia Oficial.
Todas as proxeccións serán ás 19.30 horas.