Comeza unha nova edición da Festa Artesanal en Ferreira de Pallares, Guntín

LugoXa
A cita comeza ás 9.00 horas coa instalación dos artesáns para dar paso a apertura do recinto feira ás 11.00 horas
ceramica-torno
Foto recurso
10 Ago 2024

Ferreira de Pallares, en Guntín, celebra a décimo novena edición da Festa Artesanal este domingo o 11 de agosto. A cita comeza ás 9.00 horas coa instalación dos artesáns para dar paso a apertura do recinto feira ás 11.00 horas. Xa ao mediodía, ás 13.00 horas, terá lugar unha degustación gratuíta de filloas.

Os asistentes poderán gozar do pregón a cargo do xornalista e escritor Xavier Lama. A partir das 14.30 horas terá lugar o xantar de confraternidade a base de polbo con cachelos e churrasco con patacas fritidas e ensalada por un prezo de 33 euros e de 16 para menores de 10 anos. Ao longo da xornada tamén haberá actuacións musicais.

festa_artesanal_ferreira_de_pallares
0.12909293174744