Comeza a reparación provisional do parque infantil da avenida das Américas

LugoXa
O Concello iniciou os traballo de arranxo de forma provisional da área de xogos situada entre a avenida das Américas e a rúa Trapero Pardo.
melloras parque das americas
7 Oct 2021

O Concello iniciou os traballo de arranxo de forma provisional da área de xogos situada entre a avenida das Américas e a rúa Trapero Pardo, até proceder á súa reforma integral de acordo ás peticións que os residentes.

As tarefas executadas neste enclave consistiron na reposición do firme, mediante un reenchido de area co que se corrixiron os desniveis, especialmente naqueles puntos nos que presentaba un maior desgaste, redundando así na súa seguridade.

"O 47’5% dos parques de Lugo teñen 15 anos ou máis e que unha porcentaxe destacable dos mesmos foi executada por promotores privados no desenvolvemento de unidades de actuación e, posteriormente, cedidos ao Concello para o seu mantemento sendo, na súa gran maioría, de baixa calidade o que obriga á Administración a acometer continuos labores de coidado e reposición", indican dende o Concello.

O edil indicou que as principais incidencias detectadas gardan relación coas pintadas e coas roturas que se producen no valado perimetral e no firme, froito das inclemencias meteorolóxicas, o paso do tempo ou dos actos vandálicos.

0.16366696357727