Comezan as actividades complementarias da Semana de Cine, na que colabora a UNED Lugo

LugoXa
A Semana de Cine, dedicada aos irmáns Coira, terá lugar do 18 ao 23 de setembro con centos de proxeccións e seis películas a concurso.
semana de cine lugo
15 sep 2023

A Semana de Cine, dedicada aos irmáns Coira, terá lugar do 18 ao 23 de setembro con centos de proxeccións e seis películas a concurso. Hoxe ábrese unha exposición de caricaturas.

Un ano máis Lugo volverá centrarse no sétimo arte coa celebración da Semana de Cine de Lugo, entre o 18 e o 23 de setembro, que ten un aniversario importante, xa que chega á súa 45 edición, preto xa do medio século de historia.

Ademais das proxeccións, que terá lugar o luns, a Semana de Cine conta cunha serie de actividades complementarias que se inician hoxe coa apertura da exposición de caricaturas de cine de Gogue, a beneficio de Aspnais e coa colaboraación de Lugo Monumental. Será ás 16.30 horas no Círculo das Artes.

Ademais o luns 18, ás 20.00 horas, no salón da Deputación Provincial terá lugar a proxección homenaxe Auxilia, á que asistirá Nuria Neira Vila, delegada de Auxilia en Lugo. E, ás 22.00 horas, no auditorio, acto inaugural. Música de cine coa Banda Sons e Soños-Banda da Semana de Cine, dirixida por Armando Morale, con obras coñecidas como La conquista del paraíso, Carros de fuego, El último mohicano, Forrest Gump e Colonel Bogey (El Puente sobre el Río Kwai). Complétase con debuxos en area de Marcos Escudero.

O martes seguirá a programación complementaria ás 18.00 horas no edificio da Delegación territorial da Xunta en Lugo, coa inauguración da exposición homenaxe aos Irmáns Coira. Ademais, presentarase o libro homenaxe, e salutación de Pepe Coira aos asistentes da proxección de Eloxio da distancia, primeira das películas da Retrospectiva Irmáns Coira. A continuación, na Deputación Provincial, terá lugar a homenaxe a Anxo Arias Prado (Foto Oliver), de Viveiro. Proxectarase a película Cardoña. Fotos a 7 pesetas.

Ao día seguinte será a homenaxe a E para comer, Lugo, de novo na Deputación. Participarán Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, e Alfredo Sánchez Carro, promotor deste eslogan.

O xoves ás 20.00 horas proxectarase na Deputación Provincial El amigo americano, elixida polo público como Mellor película na primeira Semana de Cine.

O venres abrirase a exposición-homenaxe aos Irmáns Coira na Biblioteca Provincial de Lugo, que seguirá aberta ata o 4 de outubro. Ás 19.00 horas, no salón de columnas do Círculo das Artes, Gogue asinará reproduccións das súas caricaturas, a beneficio de Aspnais. Asistirá o presidente desta entidade, José Reigosa. Rematarán a xornada ás 20.00. horas no salón da Deputación cunha salutación de Pepe Coira aos asistentes á proxección do capítulo especial de As leis de Celavella.

Rematará a programación especial o sábado ás 13.00 horas co Paseo do cine e o descubrimento das dúas novas placas do Paseo, dedicadas aos Irmáns Coira (asistirán Pepe e Jorge Coira), e a Eduardo Fajardo.

COLABORACIÓN DA UNED

É a Semana de Cine unha actividade organizada polo Grupo Fonmiñá en colaboración coa Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e UNED Lugo e sempre un referente para os cineastas galegos. Conxuga coma sempre o mellor do ano cunha sección oficial a concurso, ademais dos documentais e un gran apartado dedicado ás curtametraxes.

SECCIÓN OFICIAL

Películas

  • The quiet girl
  • El caftán azul
  • El acontecimiento
  • Empieza el baile
  • Hasta que el amor nos separe
  • Cuando la alondra canta

Curtametraxes

  • Tectónica de placas
  • Tap tap
  • 7 dosis de dopamina
  • Robots
  • Solidarity day
  • Calxophobia

Este ano colabora co festival a UNED Lugo, que dirixe Ana Traseira, quen manifestou a súa satisfacción con este evento "un dos máis importantes que se desenvolven nesta cidade, un evento de moito prestixio, que amosa a súa supervivencia tantos anos". Traseira agradeceu ao grupo Fonmiñá "que teñan pensado na UNED Lugo como unha das institucións patrocinadoras".

"Unha das nosas misións como universidade é promover a actividade cultural axudando aos nosos estudantes que poidan acudir de xeito gratuíto a este evento, a todas as películas que se van proxectar; é unha forma de poñer o noso grao de area para a formación cultural do noso alumnado", concluiu.

PROGRAMACIÓN DE CINE

Este ano faise unha importante retrospectiva á historia do cine xa que o propio cartel é unha foto de agosto de 1914, da rodaxe en Lugo do cineasta José Gil, desde un automóbil que circulaba polo adarve.

A retrospectiva nesta ocasión está dedicada aos irmáns Coira, que triunfan esta tempada coa súa serie Rapa e que recibiron o seu recoñecemento na cita dos Mestre Mateo.

As películas que se verán nesta semana de cine

Infantil

  • En busca del mapa perdido
  • El Principito
  • El secreto de Vicky
  • Hooper, el pollo liebre
  • Una amistad para siempre
  • Oink oink

O mellor do ano

  • La ballena
  • Un segundo
  • Close
  • Aftersun
  • Eo

Cine documental

  • Chichi e mais eu
  • La memoria del Cine
  • Mia Moglie
  • No se oye
  • Orilla
  • Xeosónica
  • Nos acompañamos
  • Bienvenido a ma maison
  • Chomón el incoherente
  • Estragos del lienzo
  • Elexia de atacama

Homenaxes

  • Raúl
  • Amor sin barreras
  • Invictus
  • La vida entre dos noches
  • Papá
  • Cardoña.fotos a 7 pesetas
  • Delicioso
  • El amigo americano
  • Celavella na Habana

Portugal

  • Vello Cárcere
  • Já nada sei
  • Vidas na fronteira
  • Jose Luis Espinosa, o espía
  • O amor é auga que corre
  • A raia
  • Auga nas guelras
  • Amoreiras
  • A muñeca de Kafka
  • Anticlímax
  • El mono
  • Diáspora
  • A costa dos lançados

Retrospectiva Irmáns Coira

  • Eloxio da distancia
  • 18 comidas
  • A seara eroski paraíso
  • Beiras. Vivir 2 veces
  • Código emperador
cartel semana de cine de lugo
0.16526484489441