Comezan as festas do San Roque en Santalla de Lamas, en Lugo


A parroquia de Santalla de Lamas, en Lugo, inicia as súas festas do San Roque este venres. Comezan o venres cunha churrascada popular e verbena da man do grupo Rubí. A celebración continúa o sábado con misa solemne, sesión vermú co trío Mar de Caión e festa verbena tamén amenizada polo trío.