Comezan as festas en Sandolfe, en Monterroso
LugoXa
[img]1|35|left[/img]
Comezan as festas en Sandolfe, en Monterroso.
Foto recurso
15 Aug 2024
Comezan as festas en Sandolfe, en Monterroso. A parroquia celebra dende este xoves 15 a súa romaría con misa e sesión vermú a cargo do dúo Amistad, que tamén será o encargado de amenizar a verbena a partir das 22.30 horas. O programa continúa este venres con misa e procesión a partir das 13.00 horas. de seguido, os asistentes poderán desfrutar da música da charanga Era Visto que protagonizará a sesión vermú. Tamén haberá verbena, a partir das 22.30 horas, con En Clave de ti e Era Visto. Ás 00.00 dará comezo o baile da naranxa e o gañador levará como premio un xamón.