Comezan as festas en Villartelín, en Baralla

LugoXa
romaría terá lugar os días 14 1 15 e contará con sesións vermú, verbenas e churrascada veciñal
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto recurso
14 Ago 2024

Villartelín, parroquia do concello de Baralla, celebra as súas festas este mes de agosto. A romaría comeza este mércores e contará con sesións vermú, verbenas e churrascada veciñal. A cita comeza este mércores ás 13.00 horas con misa solemne e procesión amenizada por Manuel e o seu acordeón. Virá seguida da sesión vermú da man do grupo Tapyoka.

O xoves 15 continúa o programa tamén ás 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada de novo por Manuel e o seu acordeón. A gastronomía será a estrela desta xornada que funcionará como broche de ouro a unha nova edición das festas desta parroquia. Os veciños poderán gozar e degustar unha churrascada a partir das 15.00 horas. Ao rematar a comida, haberá baile co Manuel e o seu Acordeón.

festas_vilartelín_baralla
0.20013999938965