Comezan as obras das beirarrúas en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
Comeza hoxe a execución da última fase das obras de remodelación das beirarrúas de Castro de Rei, que foron adxudicadas no mes de outubro.
rua alcalde sinde nieto castro de rei beirarruas
10 Jan 2022

Comeza hoxe a execución da última fase das obras de remodelación das beirarrúas de Castro de Rei, que foron adxudicadas no mes de outubro e se espera que estén rematada no prazo de dous meses.

Así, dende hoxe, a empresa concesionaria está a traballar no tramo que comprende a rúa Emilio Sinde Nieto, entre o intersección da CP-1611 coa rúa Manuel Becerra ata o campo da feira,  un tramo corto pero que estaba en moi mal estado.

Segundo explica o alcalde, Francisco Baamonde, quedaría agora por rematar un tramo de beirarrúas de subida ao casco histórico da vila, "pero é unha obra algo menor porque non están tan deterioradas".

Estas obras teñen un orzamento de 45.756 euros e serán realizadas con cargo ao Plan Único do ano pasado.

LUDRIO

Por outra banda, o alcalde comunicou tamén a finalización das obras de mellora dos accesos á parroquia de Ludrio, concretamente no tramo entre a N-640 ata o límite municipal co Concello de Pol. Esta obra contou cunha subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e un orzamento total de 46.954 euros.

Os traballos consisten na limpeza e apertura de cunetas, regularización da superficie da vía con asfaltado en quente e sinalización. Esta obra permite mellorar o acceso á igrexa parroquial e ao centro do núcleo.

DEPURADORA

O Concello de Castro de Rei tamén está levando a cabo as obras de amplición e mellora da eficiencia enerxética da Edar de Castro Ribeiras de Lea, adxudicadas á empresa Demain SL por preto dun millón de euros (989.930 euros).

Esta obra conta tamén con outros orzamentos engadidos, como so 20.000 euros de gastos de redacción do proxecto e 31.000 de dirección de obra e coordinación de segridade e saúde, o que supón un total de 1.040.000 euros que destinará o Concello a esta actuación.

As obras están financiadas cunha subvención do IDAE de axudas a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. Esa axuda significará o 80% do custe total do proxecto, que supón para o Concello uns 240.000 euros.

A finalidade do proxecto consiste en reducir os verquidos, mellorando a calidade da deputación das augas residuais, duplicar a capacidade da depuradora, pasando de 350 metros cúbicos ao día a 700, e mellorar a eficiencia enerxética, transformando o reactor biolóxico existente nunha canle de decantación primaria e instalar dúas novas liñas de tratamento biolóxico, unha por cada 1.500 habitantes, así como un decantador troncocónico, o que permitará duplicar a capacidade da planta.

O proxecto conta coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ten un prazo de execución de18 meses.

0.17717003822327