Comezan as obras de ensanche do último tramo da estrada de Pedrafita a Seoane

LugoXa | RibeiraSacraXa
José Tomé Roca, supervisou as obras de renovación da estrada provincial de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel
1 080823 Obras estrada LU P 1301
8 Aug 2023

A Deputación de Lugo iniciou as obras de ensanche do último tramo da estrada provincial que conecta Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel, a LU-P-1301, nas que inviste 275.000 euros e que servirán para completar a mellora desta vía tan importante para as comunicacións da Montaña.

Concretamente, os traballos consisten no desmonte das marxes da vía entre os puntos quilométricos 7,350 e 8,670, un novo afirmado para conseguir unha plataforma de entre 5,10 e 5,50 metros de ancho, actuacións de drenaxe, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Colocaranse tamén novas balizas de neve, paneis direccionais e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Na actualidade, este tramo conta cun ancho de trazado de 4 metros, polo que estas actuacións servirán para ampliar considerablemente a superficie de circulación da vía, mellorando a seguridade e comodidade das persoas usuarias.

A empresa encargada das obras é Vazper 3 SL e o prazo de execución dos traballos é de 6 meses. Tendo en conta que estas actuacións se realizan na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, buscouse que o proxecto tivera un impacto medioambiental mínimo. 

Con esta obra, a Deputación leva investido 1 millóns de euros para acondicionar os 6 quilómetros que faltaban para completar a mellora da vía. Nese sentido, actuou no tramo comprendido entre os quilómetros 10,700 e o 12,591 cun orzamento de 245.000 euros ; e dedicou outros 300.000 euros para o treito que vai do punto 8,670 ao 10,700.

Máis de 14 millóns de euros en estradas da Montaña

En total, a institución provincial destinou nos últimos anos máis de 14 millóns de euros  en infraestruturas viarias na comarca da Montaña a través de diferentes liñas de actuación e de acordo co compromiso do Goberno provincial coa mellora da mobilidade e dos servizos no rural, que contribúen ao equilibrio territorial.

Dos 4.200 quilómetros da rede de estradas que dependen da Deputación, a máis longa de toda España e tres veces maior ca da Xunta de Galicia na provincia, preto de 900 quilómetros percorren a Montaña lucense. Son un total de 110 vías que pasan polos concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín.

080823 Obras estrada LU P 1301

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18154001235962