Comezan as obras de mellora do acceso de Esporiz en Monterroso

LugoXa
A actuación vai consistir en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura
obras-camino-acceso-esporiz
O alcalde, supervisando o inicio dos traballos
20 Xul 2024

O Concello de Monterroso iniciou as obras de mellora do camiño de acceso ao núcleo de Esporiz.

A actuación vai consistir en dotar a ese camiño dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función e que evite a presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.

A obra, que conta cun orzamentos de 16.015,69 euros, vai ser financiada con cargo ao Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.

Antes dos traballos de aglomerado, o Goberno local ocúpase xa da instalación da tubaxe de polietileno para o abastecemento do núcleo de Esporiz.

O alcalde, Eloy Pérez, supervisou estes traballos previos.

0.18032908439636