Finalizan as obras de mellora nos camiños de Sandolfe, en Monterroso

LugoXa
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse ata Sandolfe para supervisar o avance das obras
sandolfe_monterroso
sandolfe_monterroso
15 Xul 2024

Supervisan o final das obras de mellora nos camiños de Sandolfe, en Monterroso. O Goberno local está a piques de rematar as obras de mellora no camiño de acceso ao núcleo de Sandolfe, ás que destina un orzamento de 24.143 euros.

O 75 % do investimento para esta actuación procede dunha achega da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental. O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, achegouse ata Sandolfe para supervisar o avance das obras.

0.1849570274353