Comezan as obras de restauración do cubo LXXI da Muralla

LugoXa
Está situado entre os xardíns da Deputación e a Porta Falsa e conta cun orzamento de 450.000 euros
obras-cubo-muralla-lugo
11 Sep 2024

A Xunta de Galicia iniciou os traballos de restauración do lenzo interior do cubo LXXI da Muralla de Lugo, entre os xardíns da Deputación e a Porta Falsa. Esta intervención, xunto coas obras previstas no cubo XVIII, conta cun orzamento de máis de 450.000 euros e un prazo de execución de 12 meses.

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a zona e explicou que os traballos servirán para corrixir as patoloxías que o lenzo interior do cubo sofre principalmente polas filtracións de auga de escorrenta do adarve, ao tratarse dunha zona con pendente, que podían comprometer a súa estabilidade.

Unha vez que a actuación neste lenzo estea rematada procederase á restauración do cubo XVIII, coa limpeza da pedra e unha escavación arqueolóxica na zona do adarve, entre outros traballos.

Arias destacou que o Goberno galego realiza unha “avaliación permanente” da Muralla co fin de “atallar incidencias e garantir a conservación do Monumento”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18759202957153