Comezan as obras para mellorar a estética de Santo Domingo

LugoXa
Rubén Arroxo informou que dará comezo a mellora estética de Santo Domingo, dentro das actuacións relacionadas coa rúa Quiroga Ballesteros.
lugo rube arroxo praza santo domingo
28 Apr 2021

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou que nos vindeiros días dará comezo a mellora estética da praza de Santo Domingo, dentro das actuacións relacionadas coa peonalización de Quiroga Ballesteros. Rubén Arroxo explicou que “modificamos o proxecto de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, ampliando a zona de actuación ao primeiro treito da praza de Santo Domingo, mellorando a estética deste treito, dando continuidade ao resto da actuación”.

A ampliación consistirá en aumentar o terreo a pavimentar, intervíndose no treito de dobre curva que se atopa pegado á saída do aparcadoiro soterrado de Santo Domingo. Esta ampliación non suporá un custo a maiores dado que se puido cubrir co orzamento da obra, Arroxo explicou que “con esta ampliación gañaremos uns 120 metros cadrados de espazo humanizado, sen supoñer un custo a maiores no prezo final da actuación”. 

O Tenente de Alcalde afirmou que “malia que este treito non estaba contemplado no proxecto, unha vez recibimos o visto bo por parte dos técnicos municipais tomamos esta decisión”, e destacou “o bo ritmo ao que avanza a actuación, que permitirá gañar un espazo peonil moi importante no centro de Lugo”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.22605013847351