Comezan as tarefas de limpeza en varias vías da provincia

TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa
Na provincia de Lugo iníciase a limpeza das estradas LU-234 en Friol e LU-122 en Meira e Lourenzá para eliminar maleza e facer de cortalumes.
roza limpeza estradas xunta
23 Ago 2021

Comeza este luns novas tarefas de limpeza nas marxes de dúas novas vías da provincia de Lugo. A empresa pública Seaga será a encargada da realización de tarefas de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias, de cara á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria, ás que destina un investimento de preto de 1,5 millóns de euros.

No marco destas actuacións, inícianse novos traballos en dúas estradas da Xunta na provincia de Lugo, neste caso na LU-234 en Friol e LU-122 en Meira e Lourenzá, e continuarán as tarefas na estrada LU-120 en Vilalba, na LU-172, en Muras, e na vía de altas prestacións CG.2.1, en Monforte de Lemos.

Os traballos impulsan a roza de vexetación de dominio público das estradas autonómicas e o apoio aos labores de conservación de zonas verdes en sendas peonís e glorietas. 

Estas actuacións contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías. 

O control da vexetación tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados eliminarán árbores que poderían caer á calzada en caso de temporal e evitarán que invadan as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Ademais, serve para aumentar a visibilidade dos usuarios e consegue o efecto de afastar da estrada animais como xabarís ou corzos.

0.19613480567932