Comezan as visitas escolares do curso 2024-25 ao Vello Cárcere

LugoXa
O Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galicia
visitas-ao-Vello-Cárcere
12 Nov 2024

Comezan as visitas escolares do curso 2024-25, nas que participaron concelleiros do Goberno local de Lugo, como Maite Ferreiro, que destacou a importancia desta programación posta en marcha pola área de Cultura, achegando o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galicia "cunha visita guiada ao centro que contará con diversas actividades para facilitar a actividade formativa", explicou a concelleira, que engadiu "cada ano, centos de estudantes visitan o edificio, e é habitual que a instalación cubra a totalidade das datas ofertadas aos centros de ensino".

O Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galicia. "Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos educativos", afirmou a Concelleira de Cultura.

Os centros educativos interesados poderán reservar a súa visita contactando co Centro por teléfono ou por correo electrónico. As visitas ofertaranse ata o mes de xuño, coincidindo co remate do período lectivo. Na nova programación para o curso 2024-25, a visita versa arredor da figura do doutor Rafael de Vega, que servirá como fío conductor para coñecer o edificio e realizar a visita.

0.13489103317261