Comezan as visitas guiadas ao auditorio Fuxan os Ventos

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañaron ao primeiro grupo de 20 veciñas e veciños de Lugo que estiveron presentes na primeira visita guiada ao auditorio Fuxan os Ventos. Rubén Arroxo destacou esta iniciativa que permite á veciñanza "coñecer as instalacións deste edificio, visitando as partes que habitualmente non se poden ver como os camerinos ou o escenario".
A Tenencia de Alcaldía organiza outras 5 visitas guiadas a esta instalación, que terán hoxe, 8 de febreiro (12.30), o 14 de marzo (20:00), o 15 de marzo (12.30), o 28 de marzo (20:00) e o 29 de marzo (12.30). Cada unha das visitas terá a cabida limitada a 20 persoas. Para reservar praza, será preciso enviar un correo a 010@lugo.gal ou chamar ao 982 297 350 en horario de 8:30 a 15:00 de luns a venres.
Arroxo destacou que esta iniciativa está a ter "un gran éxito de convocatoria", cun total de 180 persoas inscritas.