Comezan en Rábade as obras de renovación da avenida dos Remedios

LugoXa | TerraChaXa
Os traballos, que contan cun orzamento de 76.596 euros, están financiados con cargo ao Plan Único
obras-en-rabade-deputacion
Obras en Rábade
23 Ago 2024

O Concello de Rábade vén de dar comezo ás obras de urbanización e renovación dos servizos na avenida dos Remedios.

Os traballos, que contan cun orzamento de 76.596 euros, están financiados con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación.

Está previsto que a actuación, moi necesaria polo tránsito da vía e o mal estado que presentaba, estea rematada a finais do mes de setembro.

0.098599910736084