Comezan este xoves no colexio de Outeiro de Rei os almorzos saudables

LugoXa | TerraChaXa
Estes terán lugar unha vez ao mes, comezando este xaneiro por 6º de primaria
almorzo-saudable-alimentos-comida
29 Jan 2025

Este xoves 30 de xaneiro de 2025 ás 9:30 horas levarase a cabo o primeiro almorzo tipo buffet saudable en relación ao acordado nas dúas reunións da Rede Saúde Local no Concello de Outeiro de Rei.

Estarán presentes no acto docentes do colexio de Outeiro de Rei, a primeira tenente alcalde, Begoña Seco Varela; o alcalde, José Pardo Lombao; a directora territorial de educación da xunta de Galicia, Sagrario Sánchez, e máis asistentes.

Os almorzos terán lugar unha vez ao mes, comezando este mes por 6º de primaria. Os cursos relevaranse ata completar os 6 cursos correspondentes a primaria (1º,2º,3º, 4º, 5º e 6º)

O día elixido é o último xoves de cada mes en horario de 9:30 da mañá.

0.16290187835693