Comezan no Centrad unhas xornadas sobre encaixe contemporáneo de paisaxes

O Centro de Artesanía e Deseño acolle desde mañá e ata o venres unhas xornadas de encaixe contemporáneo de bolillos que ofrecerá ao público en xeral a posibilidade de seguir en directo a elaboración de pezas cunha vistosa técnica de creación de paisaxes artísticos impulsada pola mestra e artesá búlgara Bistra Pisancheva.
As actividades desenvolveranse de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas e, ademais de seguir en directo o traballo das participantes na xornada, as persoas que se acheguen durante eses días ao Centrad poderán ver unha exposición de pezas únicas realizadas con esta orixinal técnica. Como peche das actividades, o día 25 de abril, ofrecerase unha clase maxistral aberta ao público en xeral.