Comezan os play off a Primeira con vitorias de Vilalbés B, San Ciprián e San Lázaro

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O Páramo e o Casás enfrontarse na final polo Torneo Delegación da Terceira
vilalbes-b-once-inicial-futbol
O once inicial do Vilalbés B no partido de play off contra o Folgueiro
20 May 2024

Esta fin de semana deron comezo os play off polo ascenso á Primeira Galicia, nos que se escollerán a dous equipos que mudarán a categoría para o próximo ano.

Catro equipos no norte e outros catro no sur enfróntanse en dobre duelo de semifinais para ir a unha final tamén en dobre partido do que sairá un ascendido en cada grupo.

Nesta primeira sesión no norte, o Vilalbés B e o San Ciprián acumularon unha importante vantaxe ao vencer con marxe, o primeiro 0-2 ao Folgueiro e o segundo 3-0 ante o Iberia.

No sur, só o San Lázaro sacou renda do duelo da fin de semana, xa que venceu 0-2 a un Becerreá ao que lle pasaron factura os erros. Porén, o duelo entre Friol e Brollón rematou sen goles polo que se xogará a unha única carta o pase á final a próxima fin de semana.

Tamén rematou esta fin de semana a competición regular en Primeira Galicia sen cambios sobre o esperado. O SD Chantada, que se decidiu no último duelo, e o Atlético Escairón, serán os encargados de loitar pola segunda praza de ascenso e acompañar ao Pol no salto á Preferente o próximo ano.

Na Terceira tamén se decidiron os dous equipos que disputarán a final do Torneo Delegación, que neste caso se xogan a 1 partido. O Casás venceu ao Rubián mentres o Páramo fixo o mesmo co Barreiros. A próxima fin de semana xogararán no campo Municipal do Corgo polo trofeo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17534589767456