Comezan os preparativos das carrozas para a Cabalgata de Reis
A montaje das carrozas nas que viaxaran por Lugo as súas maxestades os reis de oriente o día 5 xaneiro na cabalgata de Reis xa del comenzó. Serán 4 as carrozas, e despois da súa chegada á nosa cidade engalanaranse e preparanse para que participen na Cabalgata que este ano será acompañada por música e 11 espectáculos que farán vibrar a todas as persoas presentes.
Maite Ferreiro explicou que “presentamos un novo espectáculo para que as nenas e nenos de Lugo poidan recibir aos Magos sen restriccións como as que a pandemia provocou os últimos anos, cunha gran cabalgata que contará con música e espectáculos novidosos e de calidade”. A Cabalgata, titulada A Gran Viaxe, realizará o seu percorrido habitual o vindeiro 5 de decembro a partir das 18:00, saíndo desde o Parque da Milagrosa e coa previsión de chegar ao Concello ás 19:30.
O percorrido contará con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. “As carrozas están baseadas na viaxe dos reis, representando aos animais e aos elementos patrimoniais máis recoñecibles de Oriente”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “a carroza dos agasallos xogará coa idea dos xoguetes, a ilusión e o crebanoces, un clásico do Nadal que tamén ten a súa orixe no lonxano Oriente”. Os Magos de Oriente estarán acompañados na Cabalgata por Máximus, a mascota do Breogán.
Acompañando aos Magos, contarase con espectáculos que reflexarán a viaxe que fan desde Oriente, representando ás cousas, animais e persoas que atopan polo longo camiño, acompañados de música, danza e teatro.
Durante o desfile polas rúas de Lugo repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo.
O Goberno de Lugo conta coa colaboración dun gran número de empresas locais que quixeron colaborar en facer deste día unha data inesquecible para as nenas e nenos. Maite Ferreiro agradeceu a colaboración de Gadisa, Carrefour, Renault, Abanca e Caixa Rural, que colaborarán de diferentes xeitos para facer posíbel esta xornada.