Comezan os roteiros de Adega cunha visita a Baralla
Adega Lugo iniciará este domingo so seu roteiros 2023/24, que estarán dedicados este ano ás montañas, como Gardiás da nosa historia.
O programa iniciarase este domingo visitando o Bierzo. O primeiro dos roteiros será a Palacios de Compludo, aldea na que a Asociación de Estudos Ornitolóxicos do Bierzo Tyto Alba fundou a Reserva ornitolóxica en 1999.
Farán un percorrido duns 10 quilómetros e de dificultade media a través de carballeiras, e coñeceremos varios gualtóns (ou fervenzas). As prazas son limitadas a 35.
O programa de rutas continuará o 17 de decembro en Baralla (Neira de Rei); o 21 de xaneiro por Lugo (Adai); o 18 de febreiro irán por Soutomerille, en Castroverde; o 17 de marzo irán aos Canóns do Sil; o 21 de abril farán unha ollada a Asturias dende A Fonsagrada; o 26 de maio hai prevista unha visita ao Castro de San Cibrao de Lás, O Lámbrica e rematarán o 16 xuño coa ruta Muras-Viveiró.
Na propia bitácora de Roteiros de ADEGA-Lugo irase actualizando toda a información relativa a cada saída e as indicacións para formalizar a reserva. As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 13 horas do venres anterior á ruta. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.
As rutas de Adega-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de Adega gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.
O prezo xeral é de 22 euros e os socios/as de Adega teñen un desconto polo que será de 15€. Os estudantes ou en paro pagarán 17 e ata 14 anos 6.
Para máis información, tamén se pode chamar ao teléfono 982 240299 ou escribir a adegalugo@adega.gal.