Comezan os traballos de peonalización na Rúa Rafael de Vega en Lugo

LugoXa
Empiezan los trabajos de peatonalización en la Calle Rafael de Vega de Lugo que tendrá un plazo de seis meses.
xacobeo sarria rutas couto mixto
5 Abr 2022

Comezan os traballos de peonalización da rúa Rafael de Vega en Lugo. O tenente alcalde Rubén Arroxo afirmou “trátase dunha zona da cidade que conta con moita poboación e que ata o de agora non tiña zonas adicadas ao uso e desfrute da veciñanza”, que engadiu “desde o Goberno de Lugo seguimos traballando en crear zonas para a veciñanza, como as xa feitas no Sagrado Corazón e en Río Sil, ou as que se están a planificar nos distintos barrios”.

O tenente alcalde afirmou que “o obxectivo é ter un Lugo humanizado que permita á veciñanza desfrutar do espazo público”, e engadiu "con esta humanización conseguiremos un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade".

O proxecto da nova zona peonil foi elaborado pola área de Mobilidade e Infraestruturas mantendo xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa.

O Goberno de Lugo adxudicou os traballos a Construcciones Sanle Lugo, que presentou unha oferta por valor de 221.427€ e un prazo de execución de 6 meses.

0.20081996917725