Comezan os traballos de renovación integral na rúa Lamas de Prado

LugoXa
Comeinzan las obras para la renovación integral de la calle Lamas de Prado en Lugo. Esta fue visitada por Rubén Arroxo.
lamas prado lugo
16 Mar 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo visitou a rúa Lamas de Prado xunto coa concelleira de cultura, Maite Ferreiro, onde veñen de comezar os traballos de renovación integral proxectados pola área de infraestruturas do Concello de Lugo, que supón un investimento na zona superior ao medio millón de euros.

Rubén Arroxo fixo balance dos traballos executados durante o ano 2020 pola concellería de infraestruturas urbanas no barrio, e lembrou que se realizaron accións de calmado de tráfico na contorna do colexio Menéndez Pelayo e da escola infantil municipal Serra de Outes. “Estes traballos consistiron na renovación da sinalización horizontal e na creación de novos pasos de peóns elevados para garantir a seguridade das e dos peóns nestas zonas, especialmente das nenas e nenos”, declarou Arroxo, que engadiu “continuaremos a mellorar Lamas de Prado, cunha renovación integral que vai aumentar a accesibilidade e que mellorará a súa estética, mellorando a imaxe da cidade e da zona”.

O Goberno de Lugo inviste 533.933 euros nesta actuación, que foi adxudicada a Construccións RAFER S.L. Rubén Arroxo destacou a importancia desta obra, dado que “Lamas de Prado é a conexión central dunha zona que conta con máis de 15.000 habitantes", e afirmou que “actuaremos tanto na renovación da parte visible da rúa, como a estrada e as beirarrúas, e nos servizos que están soterrados”.

A seguridade vial da zona mellorará con esta renovación. A renovación das beirarrúas permitirá aumentar a accesibilidade ao eliminarse as barreiras arquitectónicas presentes na actualidade. “Ao mesmo tempo, continuarase avanzando no calmado do tráfico, ao instalarse na zona novos pasos de peóns elevados, ademais de mellorarse a disposición da sinalización vial”, explicou o concelleiro. O treito fronte á praza do Castiñeiro converterase nunha nova plataforma única, gañando espazo peonil sen afectar á mobilidade dos vehículos.

Renovarase, ademais, o mobiliario urbano e as zonas verdes da zona e instalarase unha nova marquesiña para a parada do bus urbano, e habilitaranse novos aparcabicis na zona.

0.18384099006653