Comezan os traballos de renovación nas beirarrúas das Gándaras de Lugo

LugoXa
Empiezan los trabajos de renovación de la acera en la Calzada de las Gándaras en Lugo entre las calles Ferradura y Venancio Senra.
ruben arroxo beirarrua Gándaras (2)
29 Xan 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo informou do inicio da renovación da beirarrúa na Calzada das Gándaras, no treito entre as rúas Ferradura e Venancio Senra. Rubén Arroxo explicou que “trátase dun treito que se atopaba nun avanzado estado de desgaste, o que sumado á inclinación da propia rúa complicaba a accesibilidade da veciñanza”, e engadiu, “realizamos unha intervención importante para mellorar a imaxe da zona e ao mesmo tempo garantir a accesibilidade e o benestar da veciñanza”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na renovación da beirarrúa cunha nova capa de formigón ruleteado, cun espesor de 15 cm. Para construír a nova capa de formigón, comezouse a coa demolición da beirarrúa actual. Nos pasos de peóns existentes instalaranse baldosas de botóns direccionais, cumprindo coa normativa de accesibilidade. Unha vez rematados os traballos, adaptaranse os rexistros existentes á nova cota da beirarrúa.

"A intervención levarase a cabo intentando minimizar ao máximo posible as molestias ás veciñas e veciños da zona", indicou o tenente alcalde, que engadiu "dende a área de mobilidade e infraestruturas temos que ter en conta que a maioría das veciñas e veciños de Lugo vivimos en barrios, e temos que traballar para mellorar a calidade de vida dos mesmos".

0.20845007896423