Comezan os trámites para que o Antroido de Val de Francos sexa de Interese Turístico

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei iniciará os trámites para que o Entroido de Val de Francos sexa declarado Festa de Interese Turístico Galego.
antroido val de francos antiga
18 Mar 2024

O Concello de Castro de Rei iniciará os trámites para que o Entroido de Val de Francos sexa declarado Festa de Interese Turístico Galego.

Así o acordaron no Pleno, no que o equipo de Goberno presentou unha moción de urxencia co obxectivo de iniciar canto antes os trámites e que esta distinción poda estar xa activa cando se celebre a próxima edición.

Esta solicitude levarase a cabo entre o Concello e a Asociación Val de Francos, que está a elaborar unha memoria sobre esta tradicional festa, da que existe documentación desde finais do século XIX.

O Entroido de Val de Francos celébrase no Campo do Carril da parroquia de Ansemar e está organizada por esta localidade e as veciñas de Goberno e Balmonte.

Ademais dos disfraces, a música e o humor, este Entroido é coñecido polo seu sermón retranqueiro, así como pola chegada do Antroido, unha figura que representa a unha personaxe non querida e que acaba queimado.

https://galiciaxa.com/2023/02/tcxa/zonas-tcxa/castro-rei-tcxa/193656/


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17809891700745