Comisións Obreiras organiza unha charla informativa sobre seguridade e saúde nos centros de traballo

LugoXa
Comisiones Obreras organiza en Lugo una charla informativa sobre seguridad y salud en los centros de trabajo.
charla traballo comisions obreiras
27 Apr 2022

Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, este xoves 28 de Abril ás 12:00 horas Comisións Obreiras organiza unha charla informativa sobre seguridade e saúde nos centros de traballo.

Comisións Obreiras quere deixar claro que a prevención é a base para conseguir unha boa saúde laboral, e que a saúde laboral e a saúde pública deben ir da man, tal e como quedou patente nestes anos marcados pola pandemia de covid-19.

Están pendente de inclusión na listaxe de enfermidades profesionais o covid-19, as patoloxías de saúde mental derivadas da exposición aos riscos psicosociais.

Custa moito dixerir que se sigan a producir mortes accidentais por causas que facilmente se poden previr como caídas en altura, golpes, atrapamentos, etc…

Nesta charla intervirán:
- Teresa Rodríguez Chao, delegada no Concello de Lugo
- Marta López Fernández, secretaria de saúde laboral da unión comarcal de Comisións Obreiras de Lugo


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1221661567688