Como se escollen os deputados?
Nos comicios de maio votarase polo Goberno local onde está censado e o voto repercutirá na composición do organismo provincial.
A provincia prepárase para celebrar de novo as eleccións municipais, uns comicios que nos ofrecerán unha renovación dos equipos de goberno á fronte das alcaldías. Pero, ademais, co seus votos, os lugueses tamén escollen a composición da Deputación Provincial, aínda que isto se fai de maneira indirecta, xa que o veciño non vota directamente a un deputado dun partido ou doutro pero si a cor política do voto implicará que o electo sexa dun partido ou doutro.
Actualmente, a provincia está dividida en sete partidos xudiciais ou xuntas electorais que aportan un número de deputados diferente, xa que a poboación é tamén moi distinta.
Así, o máis numeroso é o partido xudicial de Lugo, ou zona centro. O peso poboacional de Lugo lévao a capital e de aí saen 12 deputados, case a metade dos elixibles, que son 25. Ademais da capital súmanse neste grupo os votos dos concellos da contorna, parte da montaña e da comarca sarriá.
A seguinte xunta electoral por tamaño é a de Mondoñedo, onde están incluídos os concellos da Mariña. Elixe seis deputados.
Despois tres xuntas electorais contan con dous deputados cada unha. Son as de Monforte (concellos da Ribeira Sacra e o Courel), Chantada (que engloba a zona da Ulloa) e Vilalba (cos da Terra Chá).
Finalmente, queda un deputado no tinteiro, o que sae dos concellos da zona da Fonsagrada e Ancares e que moitas veces é o que marca a cor política que goberna na Deputación xa que a igualdade foi máxima nos últimos comicios no resto. O pacto entre PSOE e BNG levouse pola mínima diferenza o Goberno da Deputación no 2015 e no 2019 aínda que é o PP o que tivo o maior número de deputados nas dúas ocasións.
Unha vez constituídos todos os concellos, os escanos das deputacións provinciais repártense, por cada partido xudicial, segundo a fórmula D’Hondt, entre aqueles partidos que obtiveron algún concelleiro en cada partido xudicial e segundo o número de votos conseguidos por cada un deles. Os deputados provinciais que corresponden a cada partido político son elixidos, a nivel de partido xudicial, entre e polos concelleiros de cada un deles, que pertencen aos municipios que comprende cada zona. Tradicionalmente os deputados están divididos a partes iguais en Chantada, Monforte e Vilalba. A representación nacionalista súmase desde os partidos xudiciais máis numerosos (Lugo e Mondoñedo).
Nas últimas eleccións, na de Lugo, 6 dos deputados foron do PP, 4 do PSOE e 2 do BNG. Na Mariña tamén tivo o PP 3, 2 o PSOE e 1 o BNG, polo tanto foi o voto socialista da Fonsagrada o que rompeu o empate.
REPARTO POR CONCELLOS
- Chantada (2 deputados) Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín, e Taboada.
- Fonsagrada (1 deputado) Baleira, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.
- Lugo (12 deputados) Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Friol, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, As Nogais, Outeiro de Rei, Paradela, O Páramo, Pol, Pedrafita, Rábade, Samos, Sarria e Triacastela,
- Mondoñedo (6 deputados) Abadín, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove
- Monforte (2 deputados) A Pobra de Brollón, Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
- Vilalba (2 deputados) Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.
Chantada
- Pilar García Porto. PSOE
- Pablo José Taboada Camoira. PP
Lugo
- José Luis Raposo Magdalena. PSOE
- Xosé María Arias Fernández. PSOE
- Pablo Rivera Capón. PSOE
- Ana González Abelleira. PSOE
- Maite Ferreiro Tallón. BNG
- Efrén Castro Caloto. BNG
- Jesús Manuel Núñez Díaz. PP
- Francisco Javier Balado Teijeiro. PP
- José Pardo Lombao. PP
- José Fernández Vázquez. PP
- José Ángel Santos Sánchez. PP
- Oscar Poy Franco. PP
DEPUTADOS ACTUAIS
Fonsagrada
- Roberto Fernández Rico. PSOE
Mondoñedo
- Mayra García Bermúdez. PSOE
- María Loureiro García. PSOE
- Mónica Freire Rancaño. BNG
- Javier Jorge Castiñeira. PP
- José Manuel Gómez Puente. PP
- Jesús Novo Martínez. PP
Monforte
- José Tomé Roca. PSOE
- Lola Castro Ochoa. PP
Vilalba
- Roberto García Pernas. PSOE
- Xosé María Teixido Núñez. PP
A comarca ultima os candidatos
Partido Xudicial Lugo
Poucos cambios nos concellos da comarca de Lugo, nos que repiten os candidatos que ocupan agora mesmo a Alcaldía. É o caso de Castro de Rei, onde o popular Francisco Balado volve presentarse tras varias lexislaturas no poder. Cambian iso si os líderes da oposición. Este ano encabezará aos socialistas Alba Sinde, mentres que á fronte do BNG está Olga García Portela.
No concello de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao repite como alcaldable do Partido Popular, ao igual que fai a socialista Carmen Acacio. No BNG finalmente Xosé Ferreiro volverá ser candidato por terceira lexislatura consecutiva, tras retirarse no mes de xuño e ceder a primeir liña a Lara Pita.
Outro dos candidatos nacionalistas coñecidos a última hora é o de Pol. Tras gañar un concelleiro nas anteriores eleccións, Óscar Carballés encargouse do partido pero non confirmou a súa continuidade e foi substituído por Blanca Fernández. Quen si o fixo foi o socialista Lino Rodríguez Ónega, que aspira novamente a revalidar a maioría absoluta que mantén no Concello polense. Polo PP, preséntase unha cara nova, Nicole Grueira, unha das candidatas más novas das listas da provincia, que mantén unha gran actividade política.
En Rábade, continuidade total, xa que volverán presentarse o alcalde actual Francisco Fernández Montes, polos Independentes, e Alejandro Martínez, polo PSOE, que gobernan en coalición e que cravaron resultados nas dúas últimas eleccións. Polo partido popular volve presentarse Remedios González Cabarcos, que liderou a oposición de Rábade esta última lexislatura. A popular intentará facer valer o feito de ser a lista máis votada para facerse coa Alcaldía.
En Friol, o popular José Ángel Santos, que conta cunha das maiorías máis importantes do PP na provincia (ten 10 concelleiros dos 11 a reparto), volverá presentarse. Pola contra, o PSOE tardou ata o último momento en presentar á candidata, Ana María Pardo Lorenzo. Si o fixo moito antes o BNG, que espera recuperar o terreo perdido nas últimas lexislaturas da man de Ada Blanco, unha das candidatas máis novas da provincia xa que conta só con 19 anos.
Na cidade de Lugo só o Partido Popular cambia de candidato, que será Elena Candia mentres que BNG, PSOE e Ciudadanos repiten con Rubén Arroxo, Lara Méndez e Olga Louzao, respectivamente.
No concello de Baralla, onde o Partido Popular goberna en maioría absoluta, será Miguel González, que ocupa o posto de alcalde tras o falecemento do seu pai Manuel González apenas quince días despois de tomar posesión, o encargado de encabezar a lista dos populares. O BNG renova candidato con Xabier González como cabeza de lista mentres que no PSOE repite Jaime González.
En Becerreá tanto Partido Popular como Partido Socialista renovan candidatos e será José Fernández o aspirante á Alcaldía dos populares e Carlos Pereira o candidato dos socialistas. O BNG anunciou que será Ovidio Montaña o seu candidato e Galicia Sempre aínda non confirmou ao seu cabeza de lista.
PSOE e BNG manteñen a súa confianza nos candidatos á Alcaldía das pasadas elección en Castroverde con Xosé María Arias para os socialistas e Iria Castro para os nacionalistas. O PP renova cabeza de lista e será Pablo Figueras o seu candidato á Alcaldía.
En Cervantes o alcalde do PSOE Benigno Gómez repite como candidato mentres que o Partido Popular renova candidato con Óscar Fernández Gómez como cabeza de lista. O BNG anunciou que será Bernardo Valdés o seu candidato.
Dos catro grupo políticos con representación no Corgo tres xa anunciaron aos seus candidatos. PP e PSOE repiten con Felipe Labrada como alcaldable dos populares e Francisco Otero para os socialistas. O BNG renova candidata e será Pilar Bellón a encargada de encabezar a lista para as vindeiras elección. Ciudadanos, pola súa parte, aínda non anunciou candidato.
No concello de Guntín o Partido Popular repite candidata con María José Gómez Rodríguez, actual alcaldesa ao igual que o PSOE, e o BNG anunciou que Xosé Mosqueira será o seu candidato.
O Partido Popular das Nogais repite con Jesús Manuel Núñez como alcaldable para as vindeiras eleccións e o PSOE renova candidata e será Sonia Fernández a encargada de encabezar a lista.
En Pedrafita do Cebreiro PSOE e PP repite candidatos con José Luis Raposo polos socialistas e Miguel Ángel Castro polos populares e Adrián Rebollal será o encargado de encabezar a lista do BNG.
Partido Xudicial Fonsagrada
No concello da Fonsagrada PP e PSOE mantiveron nas pasadas eleccións unha gran igualdade con apenas dez votos de diferencia. Os socialistas confían en Carlos López, actual alcalde, como cabeza de listas mentres que o Partido Popular e BNG renovan candidato con Bernardo Niño e Rosa Rego respectivamente.
En Navia de Suarna o Partido Popular renova candidato con Raúl Pérez como cabeza de lista mentres que PSOE e BNG repiten candidatos con José Fernández para a agrupación socialistas e Roberto Carballo na agrupación nacionalista.
Os socialistas repiten candidato en Ribeira de Piquín con Roberto Fernández como cabeza de lista mentres que na agrupación popular será José Osorio o novo candidato.
O PP repite candidato en Baleira con Angel Martínez Puga e os socialistas anunciaron que José Tellado será o seu candidato. En Negueira de Muñiz é o PSOE quen volve a confiar no seu candidato José Manuel Braña e non se coñece candidato polo Partido Popular.
Partido Xudicial Chantada
En Antas de Ulla Pilar García Porto repite como candidata á Alcaldía polo Partido Socialista e o Partido Popular tamén repite candidato con Javier Varela mentras que Alternativa Veciñal de Antas de Ulla anunciou que non participarán nas vindeiras eleccións.
No concello de Monterroso Rocío Seijas será a candidata por Independentes Monterroso mentres que Antonio Gato, que encabezou esta lista no 2019 presentase agora como cabeza de lista do Partido Socialista, onde militou dende o 1973 ata o 2018. O Partido Popular volve confiar en Eloy Pérez para estas eleccións e Compromiso por Galicia aínda non anunciou candidato.
En Palas de Rei o Partido Popular repite con Pablo José Taboada quen goberna en maioría absoluta mentres que o Partido Socialista renova candidato e será Ana Corredoira a alcaldable da agrupación. Tamén no concello de Portomarín os socialistas renovan candidato que nesta ocasión será Marcos Arias mentres que os populares confían no actual alcalde Pablo Rivas.