Complétase a posta en marcha do CIS de Lugo coa nova unidade de saúde bucodental

LugoXa
Nas vindeiras semanas, o Centro Integral de Saúde de Lugo acollerá a posta en marcha da súa unidade de saúde bucodental coa que se completará o traslado dos servizos asistenciais que acollerá a nova infraestrutura sanitaria.
CIS Lugo Bucodental
6 Mar 2024

Nas vindeiras semanas, o Centro Integral de Saúde de Lugo acollerá a posta en marcha da súa unidade de saúde bucodental coa que se completará o traslado dos servizos asistenciais que acollerá a nova infraestrutura sanitaria. Así o trasladou o conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, na súa visita ás instalación.

O novo centro será a referencia da atención primaria lucense, ao integrar: centro de saúde, PAC, unidade de Saúde Mental e a base do 061. Unha actuación na que a Xunta investiu máis 16,5 millóns e aos que hai que engadir 1,2 millóns de euros en equipamento. O responsable do Servizo Galego de Saúde puxo en valor o cumprimento do calendario establecido para o traslado do PAC e das consultas procedentes do centro de saúde A Milagrosa, do saúde Praza de Ferrol -Saúde Mental-; e das de fisioterapia –procedente dos centros de saúde de Fingoi, Praza de Ferrol e Milagrosa-.

Atención integral

Así mesmo, anunciou tamén que a o Sergas vén de adxudicar os novos equipos de Radioterapia cos que contará o CIS de Lugo, e que se instalarán proximamente. Acompañado polo xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares; o titular da Sanidade galega destacou que con estas novas instalacións, o Executivo galego consolida a súa aposta por un modelo de atención integral que xa se está a replicar noutras cidades, como é o caso do CIS de Vigo; e que tamén serán unha realidade en Lalín e Ourense.

O conselleiro aproveitou a visita para destacar os criterios de sostibilidade que están a guiar as novas obras da Xunta de Galicia. Así, subliñou que estas actuación conectan de forma estreita coa Estratexia de Economía Circular do Sergas, e que, no caso da área sanitaria de Lugo, se engaden á recente licitación -por un importe dun millón de euros-, do novo contrato de enerxías renovables para centros da área sanitaria, no que inclúe os tres hospitais e catro centros de saúde, entre eles, o nono CIS.

0.20118594169617