Concelleiras do Goberno local de Lugo reuníronse cos representantes das comisións de festas

LugoXa
As concelleiras resaltaron a importancia de facilitar recursos e asistencia ás comisións de festas para que poidan afrontar os retos organizativos de cada ano
Concelleiras-do-Goberno-local-de-Lugo-reuníronse-cos-representantes-das-comisións-de-festas
8 Nov 2024

As concelleiras de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantiveron unha reunión cos representantes das comisións de festas do municipio no Vello Cárcere.

A xuntanza, organizada para fortalecer o apoio ás asociacións, busca tamén render homenaxe ao seu traballo e dedicación como responsables no mantemento de festas e tradicións locais ao longo dos anos.

“Esta xuntanza ten como obxectivo principal recoñecer e agradecer o esforzo destas asociacións, que manteñen vivas as nosas tradicións e aseguran que Lugo continúe a ser un espazo onde a cultura popular e as tradicións teñen un lugar fundamental”, explicou Maite Ferreiro.

Tamén subliñou o valor das festas á hora de fomentar a participación de veciñas de todas as idades, contribuíndo á transmisión de costumes ás novas xeracións. “As festas das parroquias e barrios fortalecen o sentimento de pertenza e son a esencia da nosa identidade lucense”, afirmou.

Cristina López reafirmou o compromiso do Concello de Lugo coas asociacións veciñais a través de accións de apoio para facilitar a organización destes eventos. “As festas populares fan da nosa cidade un lugar único e diverso, polo que entendemos o importante papel que xogan as asociacións veciñais e seguiremos apoiando estas iniciativas que enriquecen a vida social e cultural de Lugo”, comentou.

As concelleiras resaltaron a importancia de facilitar recursos e asistencia ás comisións de festas para que poidan afrontar os retos organizativos de cada ano. A xuntanza tamén contou cun recoñecemento simbólico ao traballo das veciñas e veciños, “cuxo labor desinteresado permite manter viva a tradición das festas populares”, insistiu Ferreiro, que animou a continuar participando activamente nas festas como unha maneira de preservar e fortalecer o patrimonio cultural que define a identidade dos e das lucenses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19113612174988