Concelleiros do BNG visitan o local das asociacións para planificar melloras

LugoXa
Acompañadas por persoal técnico municipal, os edís visitaron as instalacións da Asociación Cultural Cántigas e Frores ubicada no parque da Milagrosa
visita-local-social-asociacions-lugo
27 Apr 2025

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron as instalacións da Asociación Cántigas e Frores na Casa das Asociacións para, segundo explicou a edil de Participación, "planificar unha serie de intervencións que nos permitan mellorar as instalacións dunha das asociacións con máis historia de Lugo".

Cristina López destacou a importancia de continuar a mellorar os espazos públicos destinados ás asociacións, "facilitando así o desenvolvemento das súas actividades culturais e sociais", e afirmou que “traballamos da man coas distintas asociacións para garantir que poidan realizar as súas actividades en espazos accesibles e adaptados ás súas necesidades”.

A Asociación Cultural Cántigas e Frores, con 77 anos de traxectoria, é unha entidade de referencia no mantemento e impulso do baile e da música tradicionais na cidade, cunha ampla masa social e unha actividade constante ao longo do ano. Desde o ano 1997 contan coas súas instalacións nunha das naves do Parque da Milagrosa.

⚙ Configurar cookies
0.17424416542053