Concello e Adif abordan a remodelación da praza Conde Fontao

LugoXa
Concello e Adif abordan a remodelación da praza Conde Fontao que asumirá o ente ferroviario previo a construción da intermodal
estacion bus adif concello
30 Mar 2023

Cargos de Adif e a alcaldesa de Lugo mantiveron unha reunión para abordar a remodelación, por parte do ente ferroviario, da praza de Conde Fontao.

A rexedora, acompañada polo xefe do Servizo Municipal de Enxeñería, Pablo Fuente, valorou in situ o estado no que se atopa a vía co Xefe de Estacións Ámbito Galicia, Juan Manuel Cutrín Martínez e co Técnico de Edificación, Juan Manuel García González.

Durante o encontro abordouse o calado que terá a intervención, consistente na rexeneración da calzada para mellorar as condicións do firme e a seguridade da circulación, tanto viaria como peonil, en toda a contorna.

“Aproveitando a súa visita á cidade para asinar o convenio de construción da Intermodal, leveino a coñecer persoalmente a estación de pasaxeiros para trasladarlle as demandas da veciñanza de zona etivemos tamén ocasión de avaliar a situación doutras infraestruturas lucenses como oda Rolda Norte co fin de estudar a súa mellora de cara a desdobrala proximamente e incrementar a iluminación na vía”, explicou a alcaldesa.

Igualmente, durante a súa estancia na capital, a rexedora lucense expúxolle a David Lucas a necesidade de acadar a inclusión de Lugo no corredor atlántico de mercadorías que “o Secretario de Estado nos confirmou, seguirá a estudar coa Comisión Europea”.

Fíxeno coa Estación Intermodal – a porta da Alta Velocidade para Lugo - e fareino agora tamén con este corredor, reclamando alí onde sexa necesario que o noso municipio non quede fóra do mapa ferroviario. Porque son moitas e moi importantes as melloras que o Goberno central está impulsando na provincia para modernizar as liñas lucenses pero a nosa cidade esixe tamén de maior ambición e quere poder contar con infraestruturas e recursos a altura das nosas capacidades. E a distribución e transporte de mercadorías é, para nós, irrenunciable”, engadiu Lara Méndez.

A alcaldesa solicitou xa unha reunión co comisionado do corredor atlántico, José Antonio Sebastián, ao que exporá a importancia de que se asignen fondos para a reforma da vía dende A Coruña e se liciten, canto antes, os estudos informativos previos dos treitos Ferrol – A Coruña e A Coruña – Lugo.

0.22689700126648