Conde propón en Outeiro de Rei restablecer a tarifa plana de 50 euros para novos autónomos

TerraChaXa | LugoXa
Conde defende aos autónomos como motores económicos do país e propón restablecer a tarifa plana de 50 euros para novos emprendedores
Francisco Conde Outeiro de Rei feria artesania
1 Jul 2023

Os candidatos ao Congreso e o Senado polo Partido Popular de Lugo, Francisco Conde e María José Gómez, participaron na Feira de Artesanía.

O número 1 da lista popular ao Congreso pola provincia de Lugo, Francisco Conde; e a candidata ao Senado por Lugo e alcaldesa de Guntín, María José Gómez Rodríguez, participaron na Feira de Artesanía de Outeiro de Rei. Un acto que contou tamén coa presenza da presidenta do PP lucense, Elena Candia, e que serviu para reivindicar o papel dos autónomos e os artesáns na economía.

O Partido Popular considera que os autónomos son un dos principais motores económicos do noso país e lamenta que deban afrontar os incrementos de custos de produción e enerxía, e a alta carga fiscal. “Os autónomos son un dos piares da nosa economía e o goberno de Sánchez non pode seguir dando as costas á realidade que viven milleiros de traballadores, di Conde.

Na provincia de Lugo, o crecemento de empresas foi negativo, pois o ano pasado o número de empresas que se rexistrou ata maio foi de 200, por contra, o rexistro de novas empresas ata maio deste ano descendeu ata as 168. Un indicativo máis polo que os autónomos de Lugo tiveron que pechar os seus negocios ante a falta de apoio e a subida xeneralizada dos impostos. Ademais en termos xerais, Lugo está en terceira posición en canto a número de autónomos con máis de 30.000 afiliados.

REIVINDINCADO A ARTESANÍA LOCAL

Por outra parte, a marca de Artesanía de Galicia ten máis de 600 talleres artesanais e a súa produción en Lugo non ten nada que envexar á do resto de Galicia e, precisamente en Outeiro de Rei puido comprobase a inmensa oferta da que dispón o mercado con produtos para o fogar, xoguetes, roupa, complementes, xoiería, instrumentos e calquera cousa con selo de identidade galego.

O sector da artesanía soubo adaptarse á situación xerada pola pandemia e aproveitou novas oportunidades como a venda por Internet o que amplía o abanico de posibilidades a unha sociedade que cada vez mira máis a orixe dos produtos de proximidade ou locais.

MEDIDAS ECONÓMICAS

En relación á situación actual dos autónomos, Conde explicou que coa chegada de Feijoo á presidencia “estamos convencidos de que aportará unha confianza no empresario e especialmente en grandes inversores, o que se traducirá en xeración de emprego”. Entre as medidas máis destacadas está a baixada de impostos temporais e selectivos; implementar un sistema de cotización por ingresos reais xusto e equilibrado; a convocatoria de axudas directas para autónomos, corrixindo as trabas burocráticas.

Outras medidas propostas son a de restablecer a tarifa plana para os novos autónomos en 50 euros, así como ampliar a súa vixencia ata os 36 meses; impulsar a dixitalización en autónomos e PEMES, para reactivar a súa actividade, poñendo especial atención nos autónomos do medio rural e a España despoboada, e garantir o acceso a servizos esenciais


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1215980052948