Condución 4x4 e tenis de mesa son os novos cursos dispoñibles para a mocidade
Aberto o prazo de inscrición dun curso de navegación e conducción de vehículos 4x4 dirixido a lucenses a partir dos 18 anos, co obxectivo de dar a coñecer unha disciplina diferente que pode ser útiles tanto dende o punto de vista formativo, lúdico, perosal e ata laboral.
Os cursos desenvolverase en dúas sesións cada un no Polígono do Ceao, dúas no mes de abril e as restantes en maio. O obxectivo é que os participantes coñezan como se comporta o vehículo dun modo coherente e coa maior seguridade, tanto para os usuarios como para a mecánica do vehículo.
A inscrición, que se realizará a través da web lugomasxti.org ata o 10 de abril e será por rigorosa orde e ata cubrir prazas. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo. A actividade é gratuíta e inclúe 18 prazas para cada sesión.
Para os máis novos e as súas familias tamén está dispoñible unha actividade de iniciación ao tenis de mesa. Durante as clases os participantes levarán a cabo un adestramento saudable que lles permitirá manterse activos, practicando a coordinación, concentración e realizando exercicio físico.
A actividade, de 60 horas de duración é totalmente gratuíta, terá lugar nos meses de abril, maio e xuño, os venres das 17.00 ás 21.00h, na Casa da Xuventude e os sábados das 10.00 ás 12.00h, no pavillón de Tenis de Mesa (Parque de Frigsa).
As inscricións poderán realizarse na propia actividade cos responsables da mesma, habendo 16 prazas por día. Non se precisa achegar material deportivo para a práctica e os menores de idade deben ter autorización asinada polos pais, nais ou titores. Máis información: 982 297 498 (de 09:00 a 14:00h)