Coñece os postos que conforman o Mercado de Nadal de Lugo
O Mercado de Nadal situado na praza de San Marcos de Lugo conta coa participación de 22 obradoiros de artesanía. Unha iniciativa do Centro de Artesanía e Deseño coa que se ofrece ás artesás e artesáns un espazo para vender os seus produtos nunhas datas en que medra a demanda.
Nos postos poderanse atopar diferentes pezas de cerámica, xoiería, marroquinería, xoguetes, complementos de moda e alimentos. Como novidade este ano o Mercado conta con nove firmas que laboran e comercializan embutidos, viños, doces, marmeladas, mel ou conservas, entre outros.
O Mercado de Nadal permanecerá ata o 5 de xaneiro na Praza de San Marcos en horario de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 21 horas de tarde, rematando ás 19 horas os días de Noiteboa e Fin de Ano e pechando os festivos.
OBRADOIROS PARTICIPANTES
Ceniza de Papel é un proxecto de María Sánchez Castedo ceramista, deseñadora e ilustradora. Ceniza de Papel xurdiu a partir do proxecto de fin de carreira de deseño gráfico, no que utilizou a cerámica como soporte da imaxe gráfica. Traballa ca porcelana e o gres para facer pezas utilitarias como pratos, fontes, cuncas e xarrón. A súa fonde de inspiración é a natureza e ten a súa tenda obradoiro no CEI Nodus.
Mercedes Buján Paredes é a artífice de Bolboretas de Coiro. Conta cunha longa traxectoria no traballo do coiro, deseñando e fabricando as súas pezas con coiro de curtido vexetal. O nome do seu taller ven dado por unha das coleccións que a identifican: as bolboretas que se poden atopar para diferentes usos para o pelo, de broche, colgante ou incluso para decorar paredes. Tamén comercializa cinturóns, bolsos, broches, carteiras, etc.
Alfonso Otero Regal do taller co mismo nome Otero Rogal, é un artista polifacético e gañador entroutros do Premio Nacional de Artesanía 2011, as súas pezas crean unha atmósfera artística nos lugares mais cotiás. O seu estilo é unha aproximación ao avant-garde do século XX, con influencia picasiana. Dedícase a facer dous tipos de arte: un mais comercial que é o que presenta no Mercado de Nadal, enfocado hacia o mundo do interiorismo e a decoración de espazos, e outrode pezas de autor que expón polo mundo enteiro.
Antonio Fermández Vicente do taller Enxógate, é autodidacta aficionado aos xogos tradicionais e de inxenio, montou o seu taller en Quiroga no ano 2013 e abriu a súa propia tenda exposición fai dous anos na rúa Real desta mesmo concello. Traballa con madeira reciclada e ten varias liñas comerciais en torno aos puzles, pequenos autómatas, móviles e voadores, xogos de habilidade e de arrastre.
Ramiro Rodríguez Domingo do taller Patapúm, un proxecto artístico de máis de vinte anos sempre ao redor da pintura sobre diferentes soportes. Actualmente centra súa producción na creación de roupa de algodón e liño. Prendas deseñadas e feitas con materiais que priorizan o orgánico, e para as que utiliza tintes directos sen reactivos químicos. Roupa pintada a man con pincel, organizada en pequenas coleccións de pezas únicas.
Inmaculada Díaz Cabado é a responsable do taller La Bellota Mágica dedicado á cerámica dedicado á producción de nacementos, pequenas pezas decorativas e souvenirs, labor que compaxina como monitora de talleres para os nenos nos colexios e campamentos de verán.
Ester Díaz sempre tivo facilidade para traballar coas mans. Mentres estudaba en Santiago aprendeu o básico do oficio dunha compañeira e máis tarde continuaría experimentando de forma autónoma e á beira doutros profesionais (na actualidade colabora por tempadas con Idoia Cuesta). Baixo a marca Fontemeimil e desde Mondoñedo, elabora carteiras, pulseiras, cintos, botóns, bolsos e torques de pel de tenreira e curtido vexetal, cunha estética sen artificios, fresca, sinxela e elegante que define o seu propio estilo.
Lucecús é o proxecto que naceu hai 7 anos en Guitiriz, cando as irmás Belén e Rocío Barral decidiron deixar atrás a cidade e as súas respectivas profesións para dedicarse ao que máis lles gusta. Cada unha delas realiza unhas disciplina diferente, unha traballa o feltro e outra tece bonecos coa ténica de amigurumi, técnicas que mesturan e alternan para alcanzar o mellor resultado en cada peza. A tradición do traxe galego, os contos infantís, libros de aventuras e películas son os temas de inspiración dos seus personaxes plasmados en broches, pendentes, moedeiros, chaveiros e bonecas articuladas.
Alejandra e Rebeca teñen a súa tenda taller na rúa Nova de Lugo, son licenciadas en Belas Artes con formación complementaria en pintura, escultura, serigrafía, restauración e ilustración. Elas forman o tándem artesán-creativo-empresarial Mi madre no me deja. Baixo este orixinal nome dan renda solta á súa vea creativa a través da serigrafía e estampaxe artesanal en obxectos de uso cotián como colgantes, broches, vaixelas de uso doméstico e decorativo, foulares, calcetíns, camisetas, ou pezas únicas en calquera dos materiais que traballan: papel, téxtil e porcelana, coidando ata o mínimo detalle, mesmo nas bolsas e tarxetas que estampan elas mesmas.
Mónica García comezou no mundo da artesanía fai sete anos cando quedou sen traballo e comezou a confeccionar detalles de moda para a súa filla Mariña, de aí o nome do seu taller Mis Marinillas instalado na capital de Lugo e no que se poden atopar broches, diademas, moedeiros, bolsos, e camisetas decoradas de estilo vintage.
José Ramón Lleo dedícase á marroquinería desde fai uns 20 anos, case os mesmos que leva participando en feiras grandes e pequenas por todo o territorio español. Ten un amplo catálogo de produtos de pequeno formato como chaveiros, pulseiras, fundas de chisqueiros, moedeiros, que completa con bolsos, mochilas, sandalias, etc. No seu Taller Rappa, situado en pleno centro da capital, compaxina o seu labor produtivo coa elaboración de encargos personalizados, a limpeza e restauración de pezas antigüas e a impartición de cursos enfocados ao público en xeral.
Adriana Romaní e Javier de Castro son os dous artesáns que compoñen o taller de marroquinería Senda, situado na Pobra do Brollón. Levan máis de 20 anos traballando con curtido vexetal ecolóxico e coa técnica centenaria do armado en coiro. As súas creacións foron evolucionando cara a liñas depuradas e cores intensas que abrazan as tendencias máis actuais, e que fan das súas pezas o complemento ideal nas pasarelas ou o foco de atención na decoración do fogar.
Ana Novo do taller Tres Caracoles, cursou os seus estudos na Escola de Artes Aplicadas nº 1 de Madrid e alí, polo ano 1991, foi onde tivo o seu primeiro contacto coa marroquinería. Máis tarde formaríase con outros artesáns do coiro para posteriormente, xa no 2012 crear o seu propio taller en Lugo, do cal saen coleccións de complementos de moda que inclúen pinzas e agullas do pelo, boinas, diademas, pulseiras, cintos e bolso, artigos de escritorio e una liña de reproducións de indumentaria romana.
Concepción Arza é a xerente de Delicias do souto unha empresa que nace no ano 2006 para redescubir o produto mais tradicional do interior de Galicia, a castaña, e así contribuir a manter vivos os soutos, presentes desde tempos inmemoriais na nosa tradición. No ano 2007 obtivo o premio AGADER pola transformación dun produto tradicional, e as súas receitas artesanais. Hoxe en día é unha empresa ben consolidada e con perspectivas de crecemento. Na feira presentan a bica, as bolachas, a torta de courelá e o doce do Apalpador.
Dora e Luz son as mulleres que están baixo a marca Ribeiregas, cultivando hortalizas e froita de produción ecolóxica. Venden produto fesco e conservas vexetais. Foron merecedoras do premio Osíxeno Colectivo 2016 por ir moito mais alá da produción ecolóxica de alimentos e contribuir co seu proxecto á revitalización das aldeas e a fixar poboación no rural galego. Venden en tendas, restaurantes, grupos de consumo por toda Galicia, e están nas plataformas en liña de mercado social galego e peninsular, Benmercado e Katuma. Na feira presentarán zumes, marmeladas, salsas e pates vexetais elaborados con moito coidado e agarimo. Ademais para esta época de nadal elaboran poloróns de noz, unha receita ca que gañaron o primeiro premio no concurso de repostería da Fonsagrada no 2010.
Rosa María Sanromán é a titular e responsable de produción da Adega Sidrón, de Negueira de Muñiz, unha adega familiar que no 2013 deu o salto para transformarse en profesional, recuperar os viñedos familiares e plantar novos viñedos dando prioridade as castes propias que foran quedando relegadas nun segundo plano debido á súa menor produtividade. Os viños que se poñerán a venda na feira son DPieiga Blanco 2020 (blanca lexítima 100%), DPieiga Tinto 2020: mencía 60% + Tinto Sorodo 40%, Dpieiga A Valía: Tinto Sorodo 100%, Dipieiga A Marcada: Verdello Tinto 55% + Tinto Sorodo 40% + Mencía 5%
Manuel Sande é o responsable da marca homónima dedicada á comercialización de mel. A súa produción non leva ningún tipo de engadido, é únicamente mel que varía dun ano para outro e dependendo das condicións naturais que rodean cada apiario. No mercado presentará tarros de 1000g. de mel claro e oscuro.
Milagros López da marca Do Souto, comenzou a súa actividade no 2014. Denden entón, elabora receitas tradicionais de marmeladas de castaña e diversos froitos, a maioría de recolección propia ainda que tamén mercan aos produtores da súa contorna en Paradela. No Mercado de Nadal poderemos atopar castañas en almíbar, crema de castañas, crema de castañas ao chocolate, confitura de castaña e mazá, e marmeladas de moras silvestres, kiwi, cereixa, ccalabaza, laranxa, framboesa e arándanos.
Mª Carmen Sánchez é a responsable de Embutidos Suarna unha pequena empresa de mulleres asentada en Navia de Suarna, nos Ancares lucenses, que se dedica á elaboración de embutidos artesanais. Unha empresa que é referencia na súa contorna en materia de creación de postos de emprego feminino e medidas de conciliación laboral. O seu produto estrela é a Androlla de Navia que presentarán no Mercado de Nadal xunto con outras elaboracións de diferentes tipos de chourizos e pancetas.
Verónica Núñez e Daniel Arza son os compoñentes de Caurelor empresa fundada no 2008 que elabora marmeladas e produtos gourmet na Serra do Courel, en Quiroga. As súas elaboracións son 100% vexetal, 70% froita e 30% azucre, sen gluten, sen lactosa e sen conservantes. Entre a ampla gama de produtos que presentan no Mercado de Nadal podemos atopar: cremas de castañas, marmeladas de arándanos cereixas, uvas, cabaza, figos, moras, melocotó, etc. e néctares de froitos silvestres.
Lourdes Pombo é enxeñeira pero o estresante ritmo de vida que levaba fixo que despois da maternidade se plantexara un cambio de vida radical para dedicarse a súa paixón, a repostería. Torta de Sarria é o nome da súa marca que acumula xa mais de seis anos de experiencia elaborando produtos de repostería tradicionais e innovadores. No Mercado de Nadal poderemos atopar a torta de améndoas e castañas “Val de Sarria”, almendrados, mazapáns, panxoliñas, veganiñas, etc.